O pasado luns, dia 27 de outubro, comezou o " Grupo de encontro e debate" no IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Esta actividade que comezou hai seis anos, e só se interrompeu o curso pasado por falta de asistentes,ten por obxectivo crear un espazo de dialogo e aprendizaxe mutuo. Trátase de xuntar nais, pais , mestres, mestras e diversos técnicos e falar sobre temas que preocupan na educación das nosas fillas e fillos. As xuntanzas vanse celebrar unha vez ao mes, os luns a partires das 16:30.