Unha lorchada coral

02 Xullo 2012
Publicado en Opinión
Aquí estamos de volta, meus. Hoxe vimos tódolos lorchos xuntos porque hai variación e profusión de temas, e algún deles con moito tomate. Primeiro manifestarvos que estamos, toda a familia lorcheira, moi ledos e contentos do partidón que fixo España  na final da Eurocopa... que pasada! Que primor! Que ghosada, José, que ghosada!! Estamos os lorchos en estado de orgasmo -futbolístico e patriota- permanente. Noraboa aos xogadores e gracias por facernos esquecer a puñetera prima de risco por uns intres.

 

A Cooperativa Funeraria de Camariñas é unha entidade a que pertencen moitas persoas que, baixo esta fórmula de xestión, atoparon un servizo e unhas condicións que lles resultan atractivas dende o punto de vista económico. Ningún socio da cooperativa se dou de alta na mesma para facer política porque para iso xa existen outros vieiros e, ademais, entre a masa social hai persoas de moi diversa ideoloxía.