Cena dos 30 anos de goberno socialista no Concello de Camariñas
13 Xuño 2013Si houbera que describir a cea do venres con unha palabra esa sería, ILUSIÓN. A ilusión ca que se comezou todo fai 30 anos, e a ilusión que aínda se percibe na Agrupación Socialista de Camariñas. A cea foi unha mestura de vellos militantes, que tiñan fresca na memoria aquela vitoria electoral de 1983, e de militancia xoven que é consciente que ten a obriga de seguir co traballo que empezaron outros. Preparamos unha exposición de fotografías “ 30 anos xuntos” que agora temos na Casa do Pobo para todo aquel que vir a ver.
O candidato socialista anunciou que nos primeiros cen día poñerá en marcha un programa para crear 25.000 becas contrato para mozos e mozas.
Deulle a Feijoo un prazo de 24 horas para que ensine os contratos con Pemex: “Non pode ser presidente da Xunta unha persoa que nos engana a todos e se non os ensina quedará por unha persoa que fai trampas”
O candidato socialista á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, comprometeuse hoxe a fixar como primeiro obxectivo do seu goberno a creación de emprego para xóvenes, o apoio aos pequenos empresarios e parar os despedimentos de traballadores públicos. Así o dixo hoxe en Oleiros.
No primeiro día de campaña electoral quixo dirixirse aos mais xóvenes: “hai 50.000 mozos e mozas que están esperando na súa casa por un traballo e hai 28.000 licenciados menores de 30 anos que están no paro; e mentres tanto o goberno do PP realiza unha política de brazos caídos e di que hai que resignarse”.
Explicou ademais que “o principal eixe da campaña socialista ser o emprego “xa que é a principal preocupación de todos os galegos”, dixo. Nese senso xulgou que Feijoo está a actuar cunha política “de brazos caídos” e emprazouno a que deixe de “xogar coa desesperanza e a desilusión dos desempregados”.
Anunciou que si goberna despois do vindeiro 21 de outubro, “creará 25.000 postos de traballo na primeira lexislatura” para os mais mozos. “O meu goberno pensará neles”, e tamén poñerá en marcha “bolsas de inserción laboral”, ao estilo de "Finlandia, Austria e a Unión Europea”.
Pemex
Vázquez esixiulle hoxe ao candidato do PP que faga público o contrato de Pemex. “Doulle a Feijoo 24 horas para que ensine os contratos coa petroleira, porque se os sigue sen ensinar so hai un cualificativo que lle direi cada vez que me dirixa a el.” Insistiu en que “non pode ser Presidente da Xunta unha persoa que nos engana a todos. Que ensine os contratos ou quedara por unha persoa que esta facendo trampas.”, espetou.
O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións na localidade coruñesa de Oleiros, onde participou nun encontro cos responsables docentes e estudiantes do INEF, e onde presentou o programa electoral socialista en materia deportiva. No encontro estivo acompañado polo cabeza de lista da provincia de A Coruña, Francisco Caamaño.
O sábado 6 de outubro as 11 da mañá, terá lugar unha andaina por o trazado da Autovía da Costa da Morte. Esta andaina fora suspendida debido as condición meteorolóxicas adversas.
A nosa compañeira Marisol Soneira estará na candidatura do PSdG-PSOE nas próximas eleccións autonómicas no número 5 da lista
Aínda que na prensa estes días xa se daba por feito, nos somos respectuosos cos procesos orgánicos do noso Gran Partido, e informamos unha vez que no día de onte, o Comité Federal de Listas, aprobou definitivamente as listas das próximas eleccións autonómicas.
A lista na provincia de A Coruña, estará encabezada por Fran Caamaño, Marisol Soneira logo de realizar un excelente e abundante traballo no Parlamento de Galicia pasa do número 7 (posto no que concorreu nas últimas eleccións) ao número 5.
Coa presenza de Marisol nas listas, recoñecese o poder político da Costa de Morte. Poder gañado ano a ano coas vitorias electorais. En esta comarca, o PSdG-PSOE, ten 4 alcaldes e os seus concelleiros son decisivos en outro dous concellos. Ademais foi na Costa da Morte onde o PP sufriu o revés mais importante nas eleccións municipais.
Pois ben, moito que lle pese a algúns, unha vez máis, e xa van moitas, o Socialismo Camariñán e recoñecido, respectado e valorado en toda Galicia.
Estas elección son decisivas para Galicia e para España, o PP está gobernando en clave electoral, igual que fixo nas eleccións Andaluzas e Asturianas, deixa as decisión dolorosas para despois das eleccións.
Si gaña o PP, o que virá será moi duro, xa están falando de baixar as pensións e empeorar a sanidade quitando as mamografías e outras probas.
Si os galegos paramos a Feijóo, pararemos o goberno incompetente, inútil e insolidario de Rajoy.
Debido ós próximos e dramáticos recortes que asolarán España e que realizará o goberno de Rajoy o PP de Galicia por parte do seu xa agora candidato Núñez Feijoo adiantou as eleccións para ver de volver a gañalas antes de que se produzan eses dolorosos recortes xa programados dos distintos gobernos do PP e que acabarían xa con todalas papeletas para gañar en Galicia. Respecto a este adelanto das eleccións galegas para este outubro de 2012 a Agrupación Socialista de Camariñas decidiu en asamblea nunha Casa do Pobo abarrotada de militantes apoiar por unanimidade a presenza de Fran Caamaño e Marisol Soneira nas listas que se presentarán pola provincia de A Coruña as próximas eleccións autonómicas.
Fran Caamaño foi elixido Secretario Xeral da Agrupación Provincial da Coruña no Congreso celebrado o sábado.
O sábado 2 de Xuño celebrouse en A Coruña o 2º Congreso Provincial que tiña como principal punto na orde do día a elección do Secretario Xeral da Provincia o cal se presentaban tres compañeiros, Valentín González Formoso, José Manuel Lage Tuñas e Francisco Caamaño.
Estimado compañeiro:
Estimada compañeira:
Como de seguro ben sabes, o 2 de xuño celebraráse na Coruña o 2º Congreso Provincial do PSdeG-PSOE, ao que me presento como candidato a Secretario Xeral.
Polo tanto infórmote de que o vindeiro venres, día 11 de maio, estarei na Casa de Cultura de Corcubión ás 21 horas, nun encontró con todos e todas as militantes que desexedes asistir, para presentar o meu proxecto.
Gustaríame moito poder contar coa túa presencia.
Unha agarimosa aperta.