O próximo sábado, 18 de xuño, no marco incomparable da zona recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa festa anual cunha comida campestre en camaradería e co ambiente distendido de sempre.

No marco incomparable da área recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa xa tradicional festa anual. Centos de militantes e simpatizantes reuniranse para compartir unha comida e, sobre todo, falar de política ou, simplemente, botar unha partida a brisca ou darse un baño nas cristalinas augas da nosa ría. A Comisión Executiva, que dirixe e coordina Encarna Liñeiro, xa se puxo mans a obra para que, coma sempre, esta festa volva a ser un éxito da man do magnífico equipo intercisciplinar de Germán Mouzo.

Despois de uns meses de intenso  traballo na campaña electoral,  a nosa Agrupación decidiu celebrar unha vez máis a tan desexada polos nosos militantes e simpatizantes,  Festa Socialista do Ariño. Aínda que no noso concello son moitos os momentos de carácter festivo e cultural que se disfrutan o largo do verán, esta é sen dubida unha celebración moi especial entre os nosos compañeiros e compañeiras.