O portavoz do Educación do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon Couselo asegura que dende achegada do Goberno de Feijoo á Xunta “emprendeuse unha campaña de desprestixio contra a ensinanza pública”, xa que denuncia que “cada año merman os seus recursos, tanto materiais coma humanos"
Denunciou que Feijoo “incrementa os fondos da ensinanza privada”
-O Portavoz da rea Institucional do PSdeG defendeu hoxe na Comisión Institucional do Parlamento a necesidade de dotar a Galicia cun marco regulador da publicidade institucional e recordou que o PP está incumprindo o seu programa electoral.
-José Manuel Lage advirte que van alá dous terzos da lexislatura e non foron quén de cumprir o compromiso de Feijóo de regular por Lei as axudas aos medios.
-Sinala que Galicia necesita un sistema de medios de comunicación forte, con profesionais independentes e sen precariedade laboral porque fortalecer a nosa democracia.
-O portavoz da rea Institucional esixe Xunta que vincule as axudas aos medios a criterios obxectivos como a difusión e/ou audiencia, a estabilidade laboral, o cumprimento dos convenios colectivos e o uso da lingua galega.
-Lage Tuñas recordou que Rueda comprometeuse a remitir un proxecto de lei no pasado período de sesións, e unha vez mis incumpren os seus compromisos. Seguen actuando con discrecionalidade no reparto dos fondos públicos.
A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, reclamou á Xunta que adquira como ben patrimonial os terreos necesarios para a implantación de proxectos acuícolas nas nosas costas e rías. Soneira presentou unha Proposición non de Lei logo de coñecer que unha firma privada quere converter nunha marina a planta de langostinos de Pescanova en Huelva.

 



A responsable socialista propón, para impedir posibles especulacións, a adquisición dos terreos como ben de todos os galegos e as galegas e, ademais, que a Xunta oferte os terreos adquiridos, mediante concurso público, para cedérllelos aos mellores proxectos en réxime concesional e sempre condicionados ao fin único da actividade acuícola.

Soneira reclama á Xunta que evite estas prácticas adquirindo en propiedade estes terreos, xa que dende a chegada do PP as empresas pasan a ser as titulares destes espazos sen ningún tipo de condicionante para a súa finalidade futura. Advirte que o goberno de Feijóo cambiou o Plan de Acuicultura aprobado polo goberno socialista na pasada lexislatura permitindo que poidan producirse en Galicia situacións como a de Huelva.

A parlamentaria socialista lembra que o Plan Acuícola do Goberno de Touriño prevía o retorno a titularidade pública dos terreos, no caso de fracaso ou abandono do proxecto orixinal. Actualmente, ademais de prever mesmo expropiacións para ceder os terreos a empresas privadas, non obriga a construír os proxectos orixinalmente previstos.

Sinala que esta medida abre mo camiño á “marbellización” da costa galega e pon a administración ao servizo da especulación nunha zona especialmente sensible do territorio galego. Engade que os terreos destinados a producións acuícolas actualmente “poden acabar sendo obxecto e refuxio de capitais con expectativas de grandes plusvalías a futuro”.

 

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, acusou hoxe a Rajoy de defender un AVE “de mentira” a Galicia. Logo das afirmacións realizadas onte polo líder do PP, advertiu que o seu proxecto quere substituír o comprometido, licitada e executado por Fomento por unha liña que cruce o padornelo “con vía única e a velocidade convencional”.

 



Losada cualificou de “ficción traxicómica” o suposto compromiso do líder do PP, xa que o único que acerta a ofrecer é reducir notablemente as prestacións do proxecto que actualmente está en marcha. Así o confirman as reticencias a este proxecto que fixo públicas esta semana.

Engadiu que as declaracións feitas onte por Rajoy “confirman que vai cambiar o proxecto previsto polo Goberno socialista, que ten velocidades superiores aos 300 quilómetros por hora” e que poderá comezar a poñerse en servizo a partir de decembro. Lembrou que o que deixou planificado o goberno do PP do que el mesmo formaba parte “constituía un AVE de chirigota que non pasaba de 200 quilómetros por hora”.

Advertiu que o líder “popular” quere volver ao seu proxecto orixinal “renunciando á verdadeira alta velocidade para Galicia”. Explicou que o único real é o investimento realizado polo Goberno socialista, que executou 3.700 millóns de euros, seis veces mais que os 582 executados polos gobernos do PP.

Sinalou ademais que mentres o goberno do PP licitou obras no ferrocarril galego por 1.710 millóns de euros entre 1996 e 2004, o goberno socialista, desde entón, en menos tempo licitou tres veces mais, ata 4.500 millóns de euros.

Dixo que “ese é o único compromiso que os galegos queren ver, mentres o que Rajoy quere é vir a Galicia de vacacións e o que ofrece é a súa xestión de manipulación e mentira da catástrofe do Prestige”.

 

Raúl Fernández afirma que “este ano a política de incendios da Xunta caracterízase por unha constante: o desaloxo de casas e pobos”
Considera que esto “é consecuencia da nula política de prevención da Xunta, que forma parte dun deseño global de abandono do rural, e especialmente da provincia de Ourense”
Critica que Feijóo e Juárez “non dan sinais de vida por ningún lado onde hai problemas”, e que cando moitos veciños e pobos o están pasando moi mal, as únicas reseñas mediáticas deles son fotos “en festas, romerías e verbenas”

 

O PP non quere o AVE para Galicia

16 Agosto 2011
Publicado en Galicia
PACHI VÁZQUEZ: “Hoxe o candidato do Partido Popular anunciou o certificado de defunción da alta velocidade a Galicia se gaña o PP”. E insistiu “eu pídolle ao Goberno galego que desminta as súas palabras, e o mesmo que se lle esixe ao Goberno de Zapatero e a Jose Blanco, iso ten que garantilo o PP”

 

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego afirma que os concellos galegos “non teñen porque pagar as frivolidades de Feijoo”. Dixo que a Xunta non pode converterse no principal problema para os concellos de Galicia, que día a día veñen atendendo cos seus minguados recursos con competencias impropias
Asegura que Núñez Feijoo ten que deixar de ser un gobernante insolvente, e replica “só vive criticando ao goberno de Madrid”, por iso emprazouno “a empezar a preocuparse polos graves problemas de Galicia causados pola súa deixación”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo,  pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra  permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”

Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”

Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da Mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo


A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pediu hoxe, en rolda de prensa, o cese da Conselleira do Mar, Rosa Quintana. A deputada socialista cualificou a xestión da Conselleira da reinstalación do marisco procedente de zonas C como “absolutamente patética”. Anunciou ademais que rexistrou unha batería de 14 iniciativas parlamentarias (4 preguntas en Comisión, 2 Proposicións, 3 interpelacións, 2 comparecencias e 3 preguntas en Pleno) nas que reclama explicacións sobre ese asunto.

Mais polo miúdo a portavoz de Pesca criticou a política pesqueira do Goberno de Feijoo. Asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo,  pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra  permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”. Ademais criticou a política de nomeamentos da Xunta “onde primaron mais as afinidades persoais que a capacidade das persoas”, expuxo.

Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”, e tamén “dependencia de Rosa Quintana de determinados poderes sectoriais, empresariais e sociais que fai que nos atopemos cun patético cadro que tivo a súa máxima expresión no tour que ten feito unha batea, nestes días, pola mariña de Lugo”. E incluso comparou este tour como o filme de paseando a Miss Daisy.

Os fitos pesqueiros do Goberno de Feijoo

Soneira tamén enumerou “os fitos” da política pesqueira de Feijoo. Na súa intervención aludiu a supresión da base de salvamento marítimo, prevista polo Goberno Touriño en Lires (Cee), e tamén a compra dun helicóptero de salvamento para a mesma cando xa estaba licitada a adquisición. Ademais lembrou que nestes intres “é o Goberno de Zapatero o que está executando as obras en na Costa da Morte e é quen ten licitado a adquisición dun helicóptero de altas prestacións”.

Criticou ademais que continuou modificando a Lei de Pesca, realizada na pasada lexislatura, que, entre outras cousas, permitía as concesións administrativas para que as mariscadoras puidesen dar o salto cualitativo que lles permitiría pasar a constituír cooperativas e xestionar os seus recursos dende un enfoque empresarial moderno e innovador.

Denunciou que emprendeu unha cruzada contra o furtivismo que, ate hoxe, solo acadou un maior número de incautacións de aparellos.

Suprimiu o Seguro Colectivo de Accidentes deixando tiradas a 30.000 persoas durante os meses de outono e inverno da pasada campaña. A solución estrela foi dar subvencións de entre 8 e 20 euros para contratar seguros individuais, polo que custa mais o trámite administrativo que a subvención concedida.

Asegurou tamén que a súa política “de procura de “amigos” en Europa para que defendesen as nosas posicións en materias tan diversas como o método analítico para a detección das biotoxinas, ou a reforma da Política Común de Pesca, “acabaron no mais estrepitosos dos fracasos e con consecuencias aínda non cuantificadas”. Ademais revela que este asunto “ten especial importancia, polo que ten acontecido estes días, teñen as xestións que pretendían unha moratoria da UE para a liberación das zonas “C” de producción de bivalvos, e vimos que o asunto acabou en esperpento e sainete”, ironizou.

Tamén lembrou a famosa Goleta que pasou de ser “estratéxica” para Galicia a suprimirse sen mais explicación.

E por último lembrou o episodio do cese do Presidente do Ente Público Portos de Galicia, onde á Conselleira Rosa Quintana colocaronlle a unha persoa do círculos de confianza e de amizades perigosas que ten Rafael Louzán.

Ademais aludiu as dúas medidas estrela anunciadas pola Conselleira do Mar este mesmo mes “unha Orde, para o acceso o permex das mariscadoras a pé, que -segundo ela- é todo un compendio de virtudes en favor das mulleres mariscadoras, xunto con  dúas Ordes polas que crea novas zonas de producción de moluscos bivalvos”. Soneira cualificou a primeira medida como “o maior atentado contra a igualdade da muller no traballo que se ten producido por un goberno”.

Planta de Morás (Xove)
Sobre o caso do reasentamento de bivalvos en Morás dixo que esta xestión “esta dentro do surrealismo”. Argumenta que primeiro márcase unha zona, cualificada como “A” en Morás (Xove) a onde se deberán trasladar 450 toneladas de bivalvos para que alí, durante dous meses, se liberen das bacterias e outros microorganismos nocivos para a saúde e poidan ser comercializados en fresco. Sinala que no proceso inicial hai unha mortandade, nos primeiros cinco días, do 40% da ameixa fina trasladada. Os biólogos consultados aseguran que, ao longo dos distintos traslados e do período de reasentamento, os niveis nesta especie poden chegar o 60-70%. Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo.

Replica ademais que durante todo un día “un barco do servicio de Gardacostas estivo paseando de aquí para alí unha batea, onde, teoricamente había que depositar os bivalvos procedentes de zonas “C” de toda Galicia que acabou en Lorbé”, e denuncia que mentres os furtivos tiveron barra libre en moitos lugares da Costa, xa que os medios encargados da súa persecución estaban “paseando a Miss Batea”.

OS SOCIALISTAS RECLAMAN A FEIJOO UN SEGURO DE ACCIDENTES PARA OS TRABALLADORES DO MAR DE APLICACIÓN INMEDIATA, QUE CONTEÑA COBERTURAS DE FALECEMENTO, INVALIDEZ E AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN , ENTRE OUTRAS
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta “que dea a cara” e que aprace as súas vacacións de Nadal porque “hai máis galegos que nunca no paro”. Así o dixo logo de constatar que Feijóo está “de vacacións” mentres en Galicia aumenta o paro “escandalosamente” e os galegos teñen menos medicamentos á súa disposición.
Páxina 4 de 4