Educación, camino de oportunidades......
OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “INSOSTIBLE” O “SILENCIO CÓMPLICE DE FEIJÓO” DIANTE DOS TRECE CASOS DE PRESUNTA CORRUPCIÓN QUE ENVOLVEN O SEU ENTORNO POLÍTICO.
Abel Losada considera “cínico” e “irrespectuoso” que Feijóo e Rajoy prometan “felicidade” mentres aumenta o número de imputados no PP e na Xunta.
Reclama explicacións polo alto índice de corrupción na Xunta, ao que se suman os dous deputados do Grupo Popular e o conselleiro Hernández, pendente da vista no Tribunal Supremo pola certificación de obras en falso.

OS SOCIALISTAS ESIXEN A FEIJÓO “QUE SE IMPLIQUE” NA LOITA CONTRA O LUME E “DEIXE DE ESCAPAR DA FOTO” VIAXANDO “A VER SI RABUÑA UN PUÑADO DE VOTOS” NA ARXENTINA

Abel Losada acusa ao presidente da Xunta de “escapar escandalosamente” da pregunta de Pachi Vázquez na sesión de control do Parlamento

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 11. O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, esixiu hoxe ao presidente da Xunta que explique a “sorprendente correlación temporal” entre a súa xuntanza co empresario Dorribo e as axudas millonarias concedidas pola Xunta á súa empresa, Laboratorios Nupel, implicada na Operación Campeón por axudas irregulares.

 

Os socialistas denuncian que o goberno de Feijoo impide a creación dunha comisión de estudo dos problemas, situación e potencial da emigración galega, e mentres en cuba reparte cheque para compar vontades.
A portavoz de Emigración do  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira dixo que o secretario xeral de Emigración viaxou a Cuba o pasado 26 de setembro para anunciar o reparto de 1.5 millóns de euros en axudas individuais aos galegos alí residentes. Estas axudas repartiranse por toda a illa ate a véspera electoral do 20N.
Replica que “certas “actividades non só vulneran o espírito da LOREG, senón que son absolutamente contrarias aos postulados que Alberto Núñez Feijóo defendía non hai tanto tempo”

 

OS SOCIALISTAS DIN QUE NUÑEZ FEIJOO FAI COMO BOABDIL “VIAXA PARA IMPLORARLLE AOS EMIGRANTES GALEGOS O QUE COMO PRESIDENTE DA XUNTA É INCAPAZ DE FACER”.
-A portavoz de Emigracion do  Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira quere coñecer si nesta viaxe o Presidente da Xunta xunto co Sº Xeral de Emigración mestura as viaxes institucionais coas partidarias.

-Asegura que Feijoo viaxa a México e Panamá para dar conta de que vai a pasar a Historia de Galicia por ser o Presidente da Xunta que deixou tirado e abandonado o Centro Galego de Bos Aires, que da cobertura sanitaria a moitos milleiros de galegos que non teñen outra opción sanitaria pola súa renda e pola súa idade.

-Lembroulle a Feijoo que cando non era Presidente da Xunta “levaba cheques da deputación de Pontevedra e agora que é Presidente da Xunta, non solo non lles leva nin un can senón que fai un recorte nos orzamentos de emigración sen precedentes”
O GOBERNO DE FEIJOO REXEITA NO PARLAMENTO GALEGO  A PROPOSTA SOCIALISTA PARA IMPULSAR UNHA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN CONSENSUADA, QUE CONTEÑA  A REFORMA DO PRINCIPIO DE ESTABILIDADE RELATIVA, XUNTO CUN MARCO QUE APOIE A PESCA DE BAIXURA.
-A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira denunciou que o Partido Popular non quere entrar no fondo desta cuestión, xa que asegura que non lles interesa atopar solucións  aos problemas dos traballadores do mar de Galicia.
-Asegura que presenta este documento para aspirar a conseguir un texto consensuado que amose a posición de tódalas forzas políticas de Galicia neste asunto.
-Anunciou que vai presentar esta proposta como Proposición Non de Lei para debater novamente na Cámara.

Quen manda é Pescanova

15 Setembro 2011
Publicado en Galicia
OS SOCIALISTAS RECLAMAN A DIMISIÓN DA CONSELLEIRA DE PESCA “POR DIGNIDADE” LOGO DE SER DESAUTORIZADA POR FEIJÓO NO “ESPERPENTO” DA BATEA DE MORÁS
Marisol Soneira ironiza que “vai sendo hora de que o presidente da Xunta nomee conselleiro a Pescanova” porque demostrou que “manda quen manda”.

PROHIBIDO O GALEGO

12 Setembro 2011
Publicado en Galicia
Francisco Cerviño advirte que estas políticas poden conducir, tal e como anuncian os filólogos, á práctica desaparición do galego en 50 anos.
Pablo López Vidal sinala que Feijóo e o conselleiro Hernández “demostran que diante dos datos incontestables de investimento e compromiso só poden replicar con pataletas”
Páxina 3 de 4