×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89
PACHI VÁZQUEZ RESPONDE AO “AMAÑO ELECTORAL” DE FEIJÓO PROPOÑENDO CONSERVAR 75 DEPUTADOS CO CUSTE DE 61 E SEN ALTERAR REPRESENTATIVIDADE NIN VULNERAR A SOBERANÍA POPULAR. Considera “incrible que o maior inimigo de Galicia viva en Montepío e sexa o presidente da Xunta” que “ataca á autonomía de Galicia”. Os socialistas propoñen aforrar un millón de euro ao ano diminuíndo os salarios dos deputados e propón novas medidas para aforrar 5 millóns adicionais cada ano.
Hoxe sale na prensa a noticia de que os fondos para políticas activas de emprego se reducen un 56%. Ao mesmo tempo a Xunta di que manterá os programas pese aos axustes aplicados por Madrid.Quero explicar que significa que se fagan estos axustes e que quere dicir a Xunta cando di que manterá os programas.


En primeiro lugar reducir as políticas activas de emprego significa menos cursos e menos traballo público.

Tódolos anos pedimos cursos á Xunta (escolas-obradoiros, cursos de carpintería, de axuda a persoas dependentes) e dende que Feijoo entrou na Xunta Camariñas non recibíu ningún. Está claro que Feijoo manterá o seu "compromiso" de non traer formación ao noso concello.

Tódolos anos pedimos axudas de cooperación para contratar a veciños do municipio. Antes da entrada do PP na Xunta o concello contrataba aproximadamente 30 persoas. Desde que entrou Feijoo os números fóronse reducindo ata os 11 que contratamos o ano pasado. Está claro que Feijoo manterá o seu "compromiso" de non traer traballo para o noso concello.

Cando leades a frase "A Xunta manterá os programas" e vexades que este ano non hai nada, dicídeo ben alto: Feijoo minte! Aínda que non sería a primeira vez, xa cansa ler na prensa que a autovía vai adiante,

xa se ve...

 

 

O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras ben negras. O que ía a ser un dos días máis importantes para a historia de Camariñas, convertíase no día que o PP de Feijóo, lanzou a mentira, e o incumprimento máis grande, que se vira por este lugar.

 


Ese día o Presidente de Portos imputado no seu día Álvarez-Campana (moi curioso que a xente do PP de Camariñas non tiña reparo en acompañar a imputados), acompañado por Danielito mais coñecido agora por o “Okupa-Cociñeiro”, a deputada popular Marisol Piñeiro, e demais palmeiros do PP de Camariñas, anunciaron en unha cerimonia por todo o alto “unhas obras nunca vistas, con un orzamento de 11,2 millóns de euros no Programa de actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI”.

Acompañáronse de unha gran parafernalia, no que non faltaron planos, prazos e supostos investimentos, Televisión de Galicia, pinchos (pagados co diñeiro de todos) etc. Todo moi ben presentado, pero o final como sempre fixo o PP en Camariñas, papel mollado, o enésimo incumprimento con este Concello.

Das actuación prometidas solo se está levando a cabo, tarde e a golpe de campaña de electoral a Ampliación do Peirao. Foi curioso ver como esta obra se traballaba sempre que había campaña electoral, como aconteceu en marzo e outubro do ano pasado, e unha vez pasadas as eleccións páranse sen motivos aparentes. 

Das outras obras comprometidas, e que se tiñan que estar facendo este ano de 2012, nada de nada.

Fagamos un pequeno repaso o comprometido:

Acondicionamento do bordo portuario.
Consistía na construción da 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, a que vai dende a Punta do Canzorro ata a Punta da Carnicería. Obra que se ía a comezar a finais do 2010, e rematar no 2012.

Contradique.
Tratábase de construír un contradique saíndo da Punta da Carnicería. Tiña previsto comezar no 2011 e rematar no 2012.

Instalacións Pesqueiras.
Prometeron acondicionar o espazo ocupado (non confundir con okupado) polo Club Náutico, con unhas instalacións pesqueiras. A obra tíñase previsto executar entre 2011 e 2012.

Instalacións Náutico-Recreativas.
Supoñía o traslado do Club Náutico ata a Lonxa Vella e tamén dotación dunhas importantes instalacións en canto a pantaláns para as embarcacións náutico recreativas. Actuación prevista para os exercicios 2011, 2012 e 2013.

Urbanización da Zona Pesqueira
No 2012 está previsto que comezaran as obras de urbanización do Muelle Novo o que melloraría a operatividade e seguridade.

Está é a palabra de Feijóo, incumprimento tras incumprimento, todos eles bendicidos por o silencio cómplice do PP de Camariñas, okupados máis en desfacer Institucións exemplares, denunciar a veciños, e visitar cuarteis e xulgados, que loitar por os intereses do noso Concello.

 

Acaso a comunicación entre os máximos representantes do PP falla. O u por contra o señor Rajoy está pasando da política que o señor Feijóo está levando a cabo en Galicia.
María José Caride sinala que Feijóo é “máis liberal que Merkel ou Rooney” ao defender o déficit como “único obxectivo e da igual o que quede polo camiño”

 


A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou hoxe a Feijóo de ter agochado 1.500 millóns de euros en facturas correspondentes a 2011 para pagalas ata abril de 2012. Na comparecencia da conselleira de Facenda no Pleno do Parlamento, dixo que o Goberno galego “falseou a realidade” deixando de pagar dende o mes de agosto.

Caride acusou á Xunta de “falsear a realidade” ao sinalar que Galicia terá que pagar ata abril de 2012 un total de 1.500 millóns de euros de “facturas agochadas nos caixóns” correspondentes a 2011. Acusou á Xunta de trasladar o déficit “dun ano ao outro” cunhas facturas que supoñen o 2,7 por cento do PIB de Galicia e reclamoulle á conselleira que “deixe xa de presumir dun rigor orzamentario no que só cre vostede”.

A responsable socialista dixo que a Xunta tivo que facer esta operación porque teñen que asumir os pagos acumulados logo de pechar o exercicio 2011 a 30 de setembro, mentres as consellerías tiñan unha orde interna para “non pagar nada nin asumir ningún gasto a partir de agosto”. Lembrou que no ano 2009 o peche de exercicio produciuse en decembro

Explicou que a Xunta conseguiu cumprir cos obxectivos de déficit mantendo operativo o orzamento só 8 meses. Ademais sinalou que o presidente da Xunta, mentres compromete non gastar un euro mais do ingresado, acumula unha débeda pública de 3.048 millóns de euros máis dos que ingresou, o que supón seis veces mais do que medrou a débeda pública durante a lexislatura anterior.

Engadiu que “se incorporamos o importe correspondente ás colaboracións público – privadas a cifra de endebedamento real incrementouse en mais de 4.000 millóns de euros en só tres anos”.

Ultraneoliberal

Na súa intervención de hoxe, a parlamentaria socialista acusou ao presidente da Xunta de desenvolver un discurso “ultraneoliberal”  e unha política “máis liberal que Merkel ou Rooney –o candidato republicano en USA-” ao ter o déficit como único obxectivo “da igual o que quede polo camiño”.

Caride salientou que o déficit debe ser “un instrumento e non obxectivo” xa que este, puntualizou, “é xerar traballo, mellorar a calidade de vida e garantir a atención aos dependentes, unha boa educación pública e un programa para que os mozos e mozas queden en Galicia e incrementen as taxas de natalidade”. Sinalou que a realidade é que “as colas nos comedores sociais medran e a pobreza increméntase”.

Acusou a Feijóo de cometer “fraude” co seu “contrato con Galicia” no que “non estaba o déficit pero si os compromisos co emprego, a reactivación económica, a igualdade de oportunidades, a sanidade ou a educación”. Dixo que Galicia está “moito peor” que hai tres anos e reclamou ao presidente da Xunta que “vaia explicarlles que estamos moito mellor aos 274.275 parados e aos que están nas listas de espera”.

Explicou que, mentres a única prioridade de Feijóo é o déficit, Galicia está a perder converxencia ano a ano, cunha previsión de crecemento negativo que, de manterse o diferencial deste ano, será do 1,9 por cento neste ano –dúas décimas máis que a media estatal-. Reclamou á conselleira que explique si Galicia superará en decembro de 2012 os 300.000 parados e paradas diante da falla de iniciativa do goberno galego.

A responsable socialista engadiu que “se deixen de tanto presumir e miren un pouco ao que está acontecendo na rúa e aos desempregados para darlles unha esperanza de futuro”. Reclamou unha actuación decidida do Goberno galego que permita “transformar a destrución de emprego en creación de emprego e a parálise en activación económica”.

CPFF

A responsable socialista acusou á conselleira de Facenda de “non atreverse” a ir ao Consello de Política Fiscal e Financeira e pedir unha compensación a Galicia polos recortes asumidos durante os últimos tres anos. Criticou que “en lugar diso aliñáronse con outras seis autonomías para pedir a Montoro cambiar a lexislación para ter máis marxe nos recortes”.

Explicou que Galicia resulta “dobremente prexudicada” xa que asumimos sen ningunha compensación a mesma suba de impostos das autonomías que non cumpriron cos seus compromisos logo de sufrir “durísimos recortes nos servizos públicos e na reactivación económica” facendo que o desemprego medre por riba das demais autonomías.



 

OS SOCIALISTAS RECLAMAN A MODIFICACIÓN DA LOREG “PARA QUE O DEREITO A VOTAR, NOS PROCESOS NACIONAIS E AUTONÓMICOS, SEXA IGUAL QUE PARA OS RESIDENTES EN ESPAÑA MEDIANTE A CREACIÓN DE CIRCUNSCRICIÓNS ELECTORAIS NO EXTERIOR”.
A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Marisol Soneira dixo que Feijoo renunciou a ser o portavoz das demandas dos emigrantes , xa que ten reducido as políticas de emigración a un mero negociado administrativo se peso nin categoría política, polo tanto non se mollou neste asunto”.
Advirte que “rogar o voto é un proceso inaceptable e impropio do noso modelo político, que vulnera o principio de igualdade de dereitos de tódolos cidadáns recollido na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia”.
Dixo “non se pode privar ao 95% dos residentes galegos que viven no exterior dun dereito constitucional”.
Acusa ao Goberno de Feijoo “de estar ausente e alleo ás demandas dos galegos residentes no exterior”.
Afirma que presenta esta proposta coa vontade de acadar o consenso unánime da cámara para trasladar o Goberno do Estado e as Cortes Xerais a necesidade de dar resposta ó clamor de mais de millón e medio de españois por participar e formar parte do deseño político do noso país.

Feijóo e o paro

07 Febreiro 2012
Publicado en Economía e traballo
En canto se desencadeou a crise, e a pesares da mellor evolución do paro en Galicia respecto da media española, Feijóo non escatimou críticas á Xunta de Touriño pola destrución de emprego. Trala primeira reunión co grupo parlamentario do PP á volta das vacacións do convulso verán de 2008, o 1 de setembro, criticou a Touriño porque “preferiu tomar o sol que falar da crise”, e colleuse vacacións “coma se non pasase nada”.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pide incentivar e apoiar os novos proxectos turísticos vinculados ao mar e á actividade pesqueira e marisqueira.
Demanda tamén o  desenvolvemento de actividades formativas, vinculadas ao turismo e á cultura mariñeira, que faciliten a cualificación profesional para o desenvolvemento desta actividade.
Sinala que rexistra esta proposta xa que ao longo da nosa costa existe un rico patrimonio cultural, etnográfico e histórico que, en moitos casos, está a piques de desaparecer.

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama ao Goberno de Feijoo o desenvolvemento e simplificación das normas que permitan a presenza a bordo de turistas interesados nas actividades de pesca e marisqueo a flote.

A iniciativa rexistrada reclama incentivar e apoiar os novos proxectos turísticos vinculados ao mar e á actividade pesqueira e marisqueira. Demanda tamén o  desenvolvemento de actividades  formativas, vinculadas ao turismo e á cultura mariñeira, que faciliten a cualificación profesional para o desenvolvemento desta actividade.

Soneira pide programas de recuperación de contornos urbanos e etnográficos vinculados á actividade pesqueira e marisqueira, para a súa transformación en produtos turísticos de calidade.

A deputada solicita ademais programas de recuperación do contorno natural vinculado coa actividade pesqueira e marisqueira susceptible de ser ofertado como un produto turístico de alto valor medio ambiental.

A maiores demanda un programa de recuperación de pecios industriais e etnográficos, vinculados coa actividade pesqueira e marisqueira. E tamén un programa de apoio aos estaleiros de ribeira que permitan a súa supervivencia, a conservación das técnicas construtivas tradicionais e a produción de embarcacións tradicionais con destino á pesca profesional e á actividade náutico deportiva.

A portavoz de pesca sinala que rexistra esta proposta xa que ao longo da nosa costa existe un rico patrimonio cultural, etnográfico e histórico que, en moitos casos, está a piques de desaparecer por moi diversas razóns.

Relata que nas nosas vilas mariñeiras aínda se manteñen antigos rueiros mariñeiros que lograron sobrevivir á especulación urbanística e ás ansias pola modernidade mal entendida, que hai que preservar polos seus valores históricos e porque son un recurso moi valioso dende o punto de vista patrimonial e turístico se somos quen de aproveitalo.

E, por suposto, todos estes valores están situados nun espazo xeográfico que, na maioría dos casos, ten un gran valor paisaxístico e medio ambiental.

A suma de todos estes elementos conforma un gran potencial turístico que, convenientemente desenvolvido, pode contribuír o desenvolvemento social, económico e laboral das nosas comarcas costeiras.

 

SONEIRA REPROCHA AOS POPULARES QUE O GOBERNO DE RAJOY RETIRE A PESCA DA NOMENCLATURA DOS MINISTERIOS POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA.
A deputada socialista alerta sobre as consecuencias para a Pesca deste “primeiro xesto do Goberno popular” . Advirte de que o titular do ministerio competente, Arias Cañete se fixera famoso “pola nefasta negociación con Marrocos e por pedir axudas para as ganderías de lidia, que por algo sería”.
Ironizou sobre a recuperación para o equipo de Arias Cañete de Samuel Juárez ou da incorporación da propia Rosa Quintana, “porque así tería a oportunidade de negociar o próximo ano unhas TACs e unhas cotas que nos permitan ser os reis do mundo”.



“Polos seus feitos habelos coñecer”, sobre esta cita bíblica argumentaba a deputada socialista, Marisol Soneira o seu reproche ao PP pola eliminación histórica do Goberno Rajoy da Pesca na nomenclatura dos ministerios do seu Gabinete.

“É a primeira vez en todos os gobernos de España en que a Pesca desaparece”, xa que o departamento pasa a chamarse Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente.

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista referiuse tamén ao titular deste novo ministerio, Miguel Arias Cañete.  “Foi un ministro preocupado polas axudas para as ganderías de lidia, por algo sería”, espetou Soneira, para lembrar a continuación a súa responsabilidade como ministro na anterior etapa de Goberno popular na negociación con Marrocos”, de nefastos resultados para o sector en Galicia. 

Tamén recordou que no seu equipo estaba o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, “que igual o recuperan para este ‘negociado menor’ que é a pesca para o Executivo Rajoy”. Chegou tamén a mencionar a posibilidade de que sexa chamada a propia Rosa Quintana. “Tería a posibilidade de negociar o próximo ano unhas TACs e unhas cotas que nos permitirían ser os reis do mundo mundial”, ironizou a deputada socialista.

Soneira afirma que “en Madrid acaban de dar unha mensaxe: O novo Goberno de España acaba de dicirnos que a Pesca é un asunto menor”.

A portavoz de Pesca socialista esixe explicacións a Núñez Feijóo, “porque se vendeu ata a saciedade a capacidade do Presidente da Xunta  para influír no PP español e en Mariano Rajoy”.

Soneira lamenta esta decisión do Executivo de Madrid, aínda que sexa só desde o punto de vista estratéxico, porque “cando vaiamos a sentarnos na mesa en Bruxelas a negociar a política pesqueira, a tarxeta do noso ministro non fará referencia a esta, será o único que non sexa ministro de pesca”, apuntou.


 

Marisol cos españoles de París

06 Novembro 2011
Publicado en Galicia
Acto Multitudinario del PSOE en París con la portavoz de emigración en el Parlamento de Galicia.
Marisol Soneira en Francia: Rajoy ha anunciado que Dios será su Ministro de Economía.
Los Españoles de París muy animados ante las elecciones generales del 20-N-

 

Páxina 2 de 4