OS SOCIALISTAS PIDEN A DIMISIÓN DE FEIJÓO PORQUE “LEVA POLO MUNDO O NOME DE GALICIA VINCULADO AO NARCOTRÁFICO COMO LLE PASOU EN MÉXICO”. Carmen Gallego sinala que o presidente da Xunta fixo unha “viaxe baleira” a México “para tentar escapar da súa vinculación co narcotraficante Marcial Dorado” deixando desatendidos os problemas de Galicia. A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, pediu hoxe a dimisión de Feijóo porque “non pode levar polo mundo o nome de Galicia vinculado ao narcotráfico” como lle sucedeu en México. Dixo que o presidente galego organizou unha viaxe “baleira” unicamente para “tentar de escapar da presión pola súa vinculación co narcotraficante Marcial Dorado” abandonando os problemas de Galicia.
MARISOL SONEIRA ADVIRTE QUE O PP SERÁ COMPLICE NECESARIO DE QUE NON SE REMATE A AUTOVÍA DA COSTA MORTE
O conselleiro Agustín Hernández deuse dous meses, en setembro, para que a empresa concesionaria acadase financiamento para continuar coas obras e, con posterioridade, incluso chegou a asegurar que non era descartable que houbera que volver a licitalas.

 



Xunto con todo isto escóitanse rumores, antesala sempre das decisións que xa se teñen tomado, de que a Xunta de Galicia pretende executar exclusivamente o tramo comprendido entre Carballo e Baio, renunciando ao tramo comprendido entre esta última localidade e Berdoias, no concello de Vimianzo.

De levarse a cabo esta última opción atoparíanos con moitos e moi diversos problemas entre os que compre destacar a vulneración das condicións da adxudicación da devandita obra xa que as condicións polas que se lle adxudicou a esta empresa concreta incluían todo o trazado e cunhas condicións determinadas, polo que non sería descartable a presentación de reclamacións por parte das empresas non beneficiadas pola adxudicación; fragmentaríase, unha vez máis, a comarca excluíndo das posibilidades de desenvolvemento a parte máis afastada dos grandes eixos de comunicación galegos, españois e europeos; e, por si todo isto non fose o suficientemente grave, certificaríase, outra vez máis, o engano e a falta de compromiso da Administración autonómica cunha das zonas máis deprimidas de Galicia, de España e de Europa.

A PARLAMENTARIA SOCIALISTA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI EN PLENO INSTANDO Á XUNTA A :

1.- Procurar os instrumentos financeiros que lle permitan á empresa concesionaria das obras da autovía da Costa da Morte rematar as obras xa iniciadas nos prazos previstos na adxudicación máis o período de paralización dos últimos meses.

2.- A que, no caso de que a empresa adxudicataria non fose capaz desolucionar os problemas de financiamento das obras, sexan asumidas directamente pola Xunta de Galicia para o seu remate nos prazos establecidos no punto anterior.

3.- A que, tanto no primeiro como no segundo caso, se execute o proxecto íntegro en todo o seu trazado entre Carballo e Berdoias, e coas características técnicas que nel figuran: autovía de dous carrís en cada dirección e libre de peaxe.

 

FEIJÓO E O NARCO "HABÍA NIEVE"

01 Abril 2013
Publicado en Galicia
PACHI VÁZQUEZ ESIXE A FEIJÓO QUE EXPLIQUE A SÚA AMIZADE CON NARCO MARCIAL DORADO PORQUE NINGUÉN PODE SEGUIR SENDO PRESIDENTE DE GALICIA CON ESTA CARGA SOBRE AS SÚAS COSTAS.
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE considera que as fotos publicadas do Presidente da Xunta con este narcotraficante son un feito  “de extrema gravidade” do que debe dar explicacións na Cámara Autonómica.
Vázquez esixe coñecer se directamente ou a través de testaferros, como Manuel Cruz, houbo algún vínculo comercial de empresas de Dorado ou amigos deste con Sanidade ou o SERGAS, dado que Feijóo era por aquel entonces alto cargo desta consellería.
Recordou a Feijóo que cando el viaxaba con Dorado centos de xóvenes morrían a causa das drogas e asociacións e partidos reuníanse para pechar o cerco ao narcotráfico.


O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de esixir ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que explique a relación que mantivo co narco Marcial Dorado cando era o número dous da consellería de Sanidade. O Presidente do Grupo Parlamentario socialista esixiu ao titular do Executivo galego que compareza na cámara non só para dar conta das viaxes que nos noventa realizou a Andorra e a Portugal, senón para coñecer se directa ou indirectamente, a través de testaferros, houbo naquela época ou non contratos da Consellería de Sanidade con empresas do coñecido capo do contrabando.

O dirixente socialista recorda que foi Manuel Cruz, testaferro de Dorado, quen presentou a Núñez Feijóo ao narco. Cruz dedicábase á xestión e compraventa de empresas para o entramado de Dorado, polo que Vázquez considera imprescindible que Feijóo compareza no Parlamento “con papeis” para desmentir unhas informacións sobre a “relación de estabilidade” que mantiña Feijóo con Dorado.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE cualificou a situación de “extrema gravidade” e afirmou que “ninguén pode seguir sendo Presidente de Galicia con esta carga nas espaldas”, polo que esixe a Feijóo que se xustifique.

De tódolos xeitos, non admite o líder dos socialistas galegos as apelacións do Presidente galego ao descoñecemento das actividades ilegais do amigo de Feijóo nos anos noventa. Pachi Vázquez esgrimiu na súa comparecencia ante os medios páxinas de xornais da década nas que aparece a foto de Manuel Dorado en informacións onde se explica a súa actividade delictiva.

Vázquez explicou que Dorado xa fora detido en 1982, e estivo na cadea no 84, foi investigado e levado á cadea no 89 e no 90 foi detido na Operación Nécora, por iso “non hai ninguén en Galicia que se crea que Feijóo, no ano 95, non soubera quen era Marcial Dorado”, afirmou o máximo responsable do PSdeG-PSOE.

RELACIÓNS CO NARCO DORADO CANDO FEIJÓO ERA RESPONSABLE DO SERGAS

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE esixiu ao xefe do Executivo galego que dea conta das conversas que mantiña con Dorado nas viaxes que facían xuntos, e se fico máis viaxes daquela con persoas vinculadas co narcotraficante.

Pachi Vázquez recorda que Feijóo era “primeiro Secretario Técnico da Consellería e logo Secretario Xeral do SERGAS, cando se desenvolvía o período de amizade con Dorado, plasmado nunha reportaxe fotográfica publicada por un xornal o pasado domingo, día 31 de marzo.

Ademais de dar explicacións sobre a posible relación comercial do entramado de empresas de Dorado coa Consellería, Feijóo debe responder ante os colectivos de loita contra a droga. “Qué pasaría se no 95, cando se reunían colectivos de loita contra a drogadicción, administracións e partidos políticos se naquel momento se coñecera que o número dous da Consellería de Sanidade levaba anos viaxando con un dos principais narcotraficantes”.

Nun intento de contextualizar os feitos relatados na fin de semana na prensa e que Vázquez cualificou como “un dos feitos máis graves do noso país”. Dixo que “non se trata de dúas persoas que van de paseo nun barco, se trata dun narco recoñecido por todos os xornais e dun alto cargo da Consellería de Sanidade”. Pediu o esforzo de “retrotraerse ata o ano 95”, data á que fan referencia as fotos publicadas, “un momento en que centenares de mozos e mozas galegos están a ser vítimas da lacra da drogadicción e áreas sanitarias como a de Vigo teñen ao ano máis de cen mortes por drogadicción”. 

Non estamos a falar dun “tema casual”, insiste o líder dos socialistas galegos, trátase dun feito moi grave do que o titular do Executivo autonómico ten que dar conta e ofrecer unha explicación que vai máis alá de denunciar que o intentan amedrentar. Porque, para Pachi Vázquez “Galicia non pode ter un presidente coa conduta que mantivo Feijóo nese período”. 

 

DEBATE ELECTORAL

08 Outubro 2012
Publicado en Galicia
Pola noite as 21:30h na TVG, debate electoral entre o noso candidato á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, e Feijóo.
E seguimos dicindo que, para o Concello de Camariñas sempre lle foi mellor con Gobernos Socialistas.

Continuamos amosando a xestión feita por o Goberno Socialista na Xunta de Galicia e  vamos a ir hoxe a Santa Mariña, o goberno de Touriño sendo Conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vázquez licitou e construíu o Saneamento integral e a Depuradora de Santa Mariña, unha obra con un orzamento de 168.075,33 euros.

Contrasta esta inversión en Santa Mariña co fume do goberno Feijóo, e dos propagandistas maiores do reino Daniel Rego & Álvarez-Campana, que non tiveron reparo en anunciar xusto antes das eleccións municipais do 2011 (en aqueles tempos xa había crise) “que construirían en Santa Mariña un dique de abrigo de 40 metros de lonxitude e 6 metros de ancho con unha inversión de 600.000 euros, e tiña prazo de execución e todo 8 meses.

O final fume e fume.

En este enlace tendes a nova que saio na prensa.

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/03/26/0003_201103C26C6992.htm

 

Durante este tempo de campaña electoral vamos a dar uns datos incontestables e que demostran que, para o Concello de Camariñas sempre lle foi mellor con Gobernos Socialistas.

Para demostra isto non vamos ir moi lonxe no tempo, falaremos do goberno de Touriño e Pachi Vázquez.

E vamos a empezar por a parroquia da Ponte do Porto, o goberno de Touriño sendo Conselleiro de Medio Ambiente Pachi Vázquez licitou e construíu unha das obras máis importante de esta parroquia, trátase dos Colectores Xerais e a Depuradora da Ponte do Porto, unha obra con un orzamento de 7.454.132,65 euros (máis de sete millóns de euros).

Unha depuradora, que foi construída con capacidade de poder acoller o Saneamento de Xaviña, obra que o goberno de Feijóo tirou abaixo.

 

O Titular do día 20 de setembro en La Voz de Galicia era rotundo: “PEMEX DARÁ EMPLEO 30 MESES A 3000 OPERARIOS DEL NAVAL EN FERROL Y VIGO”. Tamén engadía “La petrolera mexicana ha formalizado sendos encargos de buques hotel por 292 millones al astillero privado Barreras y al público Navantia”
A nosa compañeira Marisol Soneira estará na candidatura do PSdG-PSOE nas próximas eleccións autonómicas no número 5 da lista

 


Aínda que na prensa estes días xa se daba por feito, nos somos respectuosos cos procesos orgánicos do noso Gran Partido, e informamos unha vez que no día de onte, o Comité Federal de Listas, aprobou definitivamente as listas das próximas eleccións autonómicas.

A lista na provincia de A Coruña, estará encabezada por Fran Caamaño, Marisol Soneira logo de realizar un excelente e abundante traballo no Parlamento de Galicia pasa do número 7 (posto no que concorreu nas últimas eleccións) ao número 5.

Coa presenza de Marisol nas listas, recoñecese o poder político da Costa de Morte. Poder gañado ano a ano coas vitorias electorais. En esta comarca, o PSdG-PSOE, ten 4 alcaldes e os seus concelleiros son decisivos en outro dous concellos. Ademais foi na Costa da Morte onde o PP sufriu o revés mais importante nas eleccións municipais.

Pois ben, moito que lle pese a algúns, unha vez máis, e xa van moitas, o Socialismo Camariñán e recoñecido, respectado e valorado en toda Galicia.

Estas elección son decisivas para Galicia e para España, o PP está gobernando en clave electoral, igual que fixo nas eleccións Andaluzas e Asturianas, deixa as decisión dolorosas para despois das eleccións.

Si gaña o PP, o que virá será moi duro, xa están falando de baixar as pensións e empeorar a sanidade quitando as mamografías e outras probas.

Si os galegos paramos a Feijóo, pararemos o goberno incompetente, inútil e insolidario de Rajoy.

 

O secretario xeral do PSdeG-PSOE confirma a súa candidatura á presidencia da Xunta e anuncia o acurtamento dos prazos para designar ao candidato socialista no Comité Nacional do próximo sábado

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo que coa convocatoria de eleccións autonómicas para o próximo 21 de outubro “hoxe é o día no que se abren as portas do cambio en Galicia”. Así o dixo logo dunha xuntanza coa Permanente da Executiva socialista na que foi acordado convocar para o próximo sábado ao Comité Nacional que designará ao candidato socialista.

Pachi Vázquez ratificou hoxe a súa candidatura para encabezar o cartel electoral dos socialistas galegos nun momento no que, dixo, “renace a esperanza dunha Galicia distinta”. Dixo que “Galicia está preparada para o cambio” da man dos socialistas galegos, xa que “o PSdeG-PSOE ten o proxecto que necesita Galicia para poder resolver os seus problemas e cambiar a senda do sufrimento pola do crecemento”.

O líder dos socialistas galegos advertiu que, logo de tres anos de goberno do PP, a convocatoria electoral abre a porta a “unha Galicia que se preocupe dos xóvenes, das mulleres, dos maiores, das familias, da sanidade e da educación”. Chamou a “saír xuntos da crise, sen que o custe recaia sobre a clase media” e cambiar “os sacrificios para os máis débiles polos sacrificios para os que mais teñen”.

Engadiu que “comeza un novo tempo para restituír os dereitos sociais conculcados, na sanidade, na educación e na dependencia; nunca máis escolas sen mestres nin hospitais sen médicos”. Dixo que se albisca “un horizonte que nos permita cambiar o paro pola creación de emprego, a recesión polo crecemento” e ter “unha Galicia que se preocupe polos sectores produtivos máis afectados”.

Pachi Vázquez subliñou que “estamos diante dunha gran oportunidade para Galicia, a oportunidade de gobernar doutra forma, apostando polo crecemento, polo emprego, polo fortalecemento da industria, da pesca, da agricultura, do comercio e dos servizos públicos básicos: a sanidade e a educación”.

Engadiu que mentres os socialistas galegos presentan “un proxecto de cambio para todos os galegos e galegas”, o adianto electoral evidencia que o PP “desenténdese dos problemas de Galicia, que os socialistas estamos dispostos a asumir para darlle unha solución dende unha perspectiva máis social, máis responsable e máis comprometida”.

Candidatura

O líder dos socialistas galegos reiterou hoxe o seu “compromiso para asumir a candidatura do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta” con “forza, gañas e decisión”. Explicou que a designación de candidato “celebrarase seguindo as normas estatutarias que permiten acurtar os prazos pra a dita designación”, convocando o Comité Nacional que resolva a candidatura socialista o próximo sábado.

 

Marisol Soneira advirte que a falla de execución pode obrigar á Xunta a devolverlle á UE preto de 300 millóns de euros de proxectos comunitarios
Sinala que o sector perdeu 3.469 afiliados á seguridade social e ten 311 Permex menos cunha flota que “segue minguando sen que teñamos alternativas”

 


A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao presidente da Xunta de deixar ao sector pesqueiro “en situación crítica” e co risco de devolver 300 millóns de euros en proxectos comunitarios sen executar por parte do goberno galego. Reclamou a comparecencia da conselleira e presentou unha Interpelación no Parlamento sobre o fracaso do Goberno galego na xestión da pesca.

Soneira advertiu que a “incapacidade de xestión” do Goberno galego chega ao punto de que hoxe mesmo o presidente da Xunta teña concertado unha xuntanza co Ministro de Agricultura, tamén responsable da Pesca, sen incluír na orde do día un só asunto relativo a este sector. Lamentou que o presidente estea “mais preocupado de preguntarlle ao primo de Zumosol cándo convoca eleccións que dos intereses dos galegos”.

A responsable socialista advertiu que o sector, que xera en torno a 40.000 empregos, perdeu un total de 3.469 afiliados ao réxime especial do mar –que pasou dos 26.038 en 2007 aos 22.569 de 2011- dende que Feijóo tomou posesión, mentres as conserveiras están “ao borde do ERE”. Engadiu que si o obxectivo da Xunta era acadar as 15.000 mariscadoras afiliadas no Permex, a realidade é que en catro anos pasaron de 4.281 a 3.970, 311 menos.

Dixo que mentres a pesca galega atópase nunha “situación crítica”, catro anos despois “non coñecemos cál é o proxecto que ten Feijóo para esta actividade fundamental para a economía, o emprego e a estabilidade social da nosa Comunidade Autónoma”. Este é o resultado dun goberno guiado pola “improvisación, o sectarismo, as fobias case patolóxicas ao goberno de Touriño, o caciquismo e o control social do sector”.

Así o evidencia mesmo a “desaparición da propia Consellería de Pesca como tal”, logo da derradeira remodelación do Goberno, unido a unha “incapacidade manifesta para xestionar os recursos da UE”. A pesca ten actualmente “os niveis mais baixos de execución orzamentaria de toda a administración galega” poñendo “en perigo” 300 millóns de euros que terán que ser devoltos de non ser investidos.

Mauritania
A parlamentaria socialista cualificou hoxe de “esperpento” a negociación da UE con Mauritania, que finalizou coa expulsión da flota galega dese caladoiro, poñendo “a guinda a unha xestión desastrosa dos asuntos pesqueiros”. Dixo que a presenza da Xunta e do Goberno central na UE resulta “irrelevante” xa que ata o momento “tódalas iniciativas da Consellería estiveron condenadas ao fracaso”.

Reclamoulle aos gobernos galego e español que paralicen un acordo que impón condicións “leoninas” aos armadores galegos, que cada ano teñen que “pagar moito mais e pescar moito menos”, multiplicando as taxas “por tres ou por catro”. Lembrou que o próximo martes a Deputación Permanente do Congreso debaterá este asunto a proposta dos socialistas, mentres en Galicia o PP impediu calquera tipo de debate.

Engadiu que a xestión das política de cotas pesqueiras “só cabe cualificala de absurda” mentres “poñen á nosa flota nunha situación insostible economicamente, nunha permanente inseguridade xurídica e nun estado permanente de frustración colectiva que mesmo está levando a algunhas voces do sector a propoñer a insubmisión como alternativa”.

Acuicultura
Mentres, dixo, a Xunta foi “incapaz de poñer en marcha un só metro cadrado das explotacións acuícolas que anunciaban como imprescindibles” salvo as gaiolas de salmón que instalaron en Muros, xerando unha contundente resposta social en contra. Dixo que mentres caen os prezos e volumes de capturas, os recortes en investigación e os problemas de contaminación e epidemiolóxicos poñen a familias ao borde da ruina.

Dixo que a flota galega “continúa minguando sen que teñamos alternativas noutros campos de actividade” e explicou que “o 25 por cento da flota europea que deixou a Pesca durante 2011 é española, fundamentalmente galega”. É a conclusión dunha xestión da Xunta de Galicia “sen modelo, obxectivos nin xestión”.

 

Páxina 1 de 4