Estimado compañeiro, estimada compañeira. Por medio da presente comunícote que o vindeiro sábado día 3 de febreiro, ás 18:30 horas, haberá Asamblea Extraordinaria da Agrupación Socialista de Camariñas para elixir a nova Comisión Executiva Municipal da Agrupación Socialista de Camariñas.

O venres 6 de xullo na Casa do Pobo de Camariñas a Agrupación Socialista celebrou unha asemblea extraordinaria que tiña por obxecto a renovación dos órganos da Agrupación e que contou coa presenza de 54 militantes. O primeiro punto da orde do día foi o a presentación do informe de xestión parte da Secretaria Xeral, tras a presentación varios militantes tomaron a palabra para agradecer e felicitar a executiva saínte e moi especialmente a súa Secretaria Xeral por todo o traballo realizado. O informe de xestión foi aprobado por unanimidade.
O vindeiro venres 6 de xullo, ás 22:00 horas, celebrarase unha  asemblea extraordinaria na Casa do Pobo na que a Agrupación Socialista de Camariñas tratará varios puntos entre os que destaca a elección por parte dos militantes da nova executiva que dirixirá o noso partido en Camariñas despois do importantísimo papel xogado polos delegados camariñáns do PSOE no recente Congreso Provincial no que saíu elexido o noso veciño da Costa da Morte e anterior Ministro de Xustiza do Goberno de España Fran Caamaño. Os puntos do día que debatiremos serán os seguintes: