O LORCHO ESTÁ ABRAIADO

10 Mai 2015
Publicado en Opinión

Confésovos, meus, que non don crédito! O personal está mui pasado. Non sei se é polas eleccións ou porque hai un andazo de estupidez conxénita xa que o que pasou nestes últimos días non é normal.

Sandra é de Buría, de unha familia traballadora da terra e do mar, como moitas familias do lugar. Traballadora incansable, dálle a todo, tanto na fabrica de conservas como de camareira. Unha “todoterreno” que desta vez atrévese ca política.

Francisco Parga Lapido, máis coñecido como Frán do Pután, é candidato do PSdeG PSOE pola Ponte do Porto. É un home das Barrosas, involucrado a tope coa cidadanía e con diferentes movimentos sociais que se producen na Ponte. Fran sempre está disposto a poñer unha man, para el o traballo en equipo e a garantía do éxito.

Sigo por aquí meus amigos e amigas aínda que xa me quedan poucos días de solaz antes de volver ás xélidas terras helvéticas. E non descanso. Ando de festa en festa e de celebración en celebración á conta do noso patrón San Xurxo. E como andamos nas datas en que andamos cadroume a miña estancia coa presentación da lista que o PSOE presenta ás próximas eleccións municipais. Foi un acto magnífico onde estiveron presentes as emocións e unha posta en escena moi bonita e digna dunha gran vila como é Camariñas e o seu concello.

Boas tardes. Gracias a todos e a todas por acompañarnos no acto de presentación da candidatura dos socialistas de camariñas.  Veciños e veciñas, compañeiros da comarca, Salvador, Fran, gracias por estar con nos. Fran, espero que o teu sexa unha parada para coller impulso por que os Socialistas de Galicia non podemos permitirnos o luxo de prescindir de alguén da túa valía.

Aquí está a lista dos Socialistas de Camariñas para ás próximas e decisivas eleccións municipais para todo o Concello de Camariñas no que está en xogo a continuidade de todo o traballo desenvolvido durante estes últimos anos por todo o equipo do PSdeG-PSOE de Camariñas. Queremos con esta lista renovada que os cidadáns do Concello de Camariñas sigan confiando en nos para continuar desenvolvendo un proxecto que ten como obxectivo principal o progreso de todo o Concello e, sobretodo, o de lograr o benestar de todos os nosos conveciños. Experiencia, preparación, xuventude, compromiso, renovación e enormes gañas de traballar pola cidadanía son os fundamentos da lista electoral do PSOE de Camariñas.

Volvemos a estar de volta, amigos e amigas, porque hai que celebrar o Santo Patrón coa familia e porque, como sabedes, algúns paxaros retornamos cando o pai sol volve a quentar e a miña figueira do Riás comeza a botar abrochos verdes co cambio da estación. É primavera e case tódolos paxaros cambiamos de aire cando ataca o frío e volvemos cando o chegan as calores. No meu caso, como xa vos teño contado noutra ocasión, cambio a miña pola de figueira do Riás polas xeadas terras Suizas gracias a un tal Mariano Rajoy que me animou a practicar a “mobilidade laboral”  ou a morrer de fame. Debe ser moi poderoso este home que fai que un paxaro coma min teña que optar pola neve centroeuropea cando o que me pide o corpo e piar todo o ano mirando cara Regodorta e a Nogueira.

Páxina 3 de 3