O venres 3 de xullo as 14:30h vaise a celebrar un pleno no salón de sesións da Casa do Concello de Camariñas. Dito pleno terá a seguinte orde do día:

O Próximo sábado día 13 as 12 do medio día, os nosos Compañeir@s tomaran posesión das súas actas de concelleiros e Pichurri será elixido por terceira vez Alcalde do Concello de Camariñas na primeira ronda, xa que outra vez máis temos MAIORÍA ABSOLUTA.

Por aquí andamos de novo, meus. Levo uns días caladiño pero cos oídos e os ollos moi atentos a todo canto se di e acontece. E pasou o que pasou. Que os cidadáns, libre e soberanamente, dixeron que queren seguir gobernados polos socialistas e por Pichurri. Vaites, oh! É para isto tanta crispación e tensión fomentada dende a caverna cibernética? Vaia pola Santa Sirenita! A xente de Camariñas debe ser parva porque non fixo caso do “Chocolate News” e preferiu aos malvados socialistas antes que ao Paraíso Pepeiro. Quen no lo ía dicir?

O Partido Socialista de Camariñas volve a gañar as eleccións con MAIORÍA ABSOLUTA e cunha vantaxe de 601 votos ó PP. O PSOE gañou as eleccións municipais por maioría absoluta, e xa van a ir 36 anos de gobernos socialistas no noso concello.

Leva 8 anos de alcalde,pero xa antes todos o coñeciamos,foi o fotrografo de Camariñas durante moitos anos,e non solo iso,foi o amigo,o compañeiro que sempre estaba ahí para axudar cando a xente o necesitaba.Carismatico a mais non poder volvese a presentar a alcaldia.

Ela chamase María José,pero todos a conocemos como Sesé,a de Choniño,filla dun dos mellores patrón maior da historia de Camariñas.Pero ela é unha crack por si mesma,traballadora,intelixente,e con unha sonrisa eterna para todo o mundo.Desta vez atrevese ca politica,algo que sempre lle apasionou.

Para nos é a nosa Sandriña, unha persoa boísima, que sempre está disposta a axudar a quen o necesite. A que sempre nos saca unha sonrisa ca súa forma de ver a vida. Ca que calquer veciño do Concello de Camariñas pode contar en calquer momento.

Genma e a nosa perla de Arou,concelleira estes últimos catro anos,compaxina esta labor ,ca empresa familiar.Muller incansable e loitadora pola sua parroquia,repite na lista do PSOE.

Gran persoa e gran compañeiro,asi poderiamos definir a Juan Carlos, o concelleiro por Camelle que volve a repetir na lista do PSOE. Moi involucrado en todo o referente ó seu pobo, está moi ilusionado co proxecto de Man, que pronto verá a luz.

Sergio leva xa anos traballando para os cidadáns de concelleiro pola súa querida parroquia de Xaviña. Home tranquilo, como todo bo xaviñán, comezou (e segue) o seu traballo a prol dos seus veciños no asociacionismo da súa parroquia. Se lle preguntamos cal é para él o lugar máis bonito do mundo seguro que nos responderá que O Ariño e que o mellor grupo de gaitas está en Xaviña e chámase Abrindo Rejo.

Páxina 1 de 3