Hoxe publica o Diariocamarinan unha noticia...? sorprendente e manipulada.  O artigo non ten desperdicio e debeu ser escrito por un fenómeno das matemáticas electorais xa que, dende o propio titular ate a captura de pantalla do Ministerio do Interior con resultados electorais seleccionados “a la carta”, todo é pura fantasía.

Moi boas teñades boas xentes. Eu, que levo un tempo sen solás, despertei hoxe de súpeto diante da chea de rumores, díxome-díxome, rexoubos e outras lerias que por aquí circulan.
Acabo de chegar das miñas vacacións e xa non me dan tregua. Miña Santa Sirenita, pero que pasou co sentido do ridículo  dalgúns? Cando vos contaba, no último rexoubeo, que o alcalde xa tiña asinado o convenio coa Deputación Provincial para a construción do tanatorio e que os terreos (gratis) xa estaban rexistrados a nome do concello, nunca pensei que ía a ter tales consecuencias na estabilidade emocional do Redactor Paranoico. Deuses do Olympo Submarino, como está o persoal!

 

O cazador cazado

13 Febreiro 2012
Publicado en Opinión
Moi bo día teñades todos e todas, meus. Ando aljo achacoso porque estes aires fríos do nordés veñen condenados. Hai tombos na praia de Ariña Blanca !!!, así que xa vos podedes imaxinar o viruxe que fai. Como estón aljo afiebrado e recomendáronme jardar cama, mato o tempo vendo o que escriben os “periodistas” dunha páxina camariñana que non se distingue, precisamente, polo rigor do que publica.  Da a impresión de que os que escriben alí viven nun país oprimido polas forzas do mal dirixidas por un alcalde que, polo que eles contan, dedica as vintecatro horas do día e tódolos días do ano a maquinar maldades contra todo e contra todos, pero sobre todo contra o pobre redactor do libelo que pretende ser xornal.
Dende a Concelleria de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Camariñas queremos manifestar a nosa ledicia pola acollida que tiveron as nosas actividades culturais e deportivas para esta nova tempada escolar e agradecemos a tódol@s veciñ@s a súa confianza depositada nas nosas actividades tanto para os seus nen@s como para os maiores.

A Palla no ollo alleo

27 Agosto 2011
Publicado en Economía e traballo
Estaba eu quentándome ó soliño que amorna a miña poza, ao carón do Club Náutico, cando escoitei a Danielito contarlle a alguén que “é unha vergoña que todo un ministro se pase polo pobo da man dun alcalde imputado...”

 

Vaiche boa sosiño o que se escoita pola ferga da miña poza. Quizá lembredes aquelas ansias e molestias que se tomaron algúns por facerse co control do Grupo de Acción Costeira. Quizá lembredes, tamén, que incluso houbo denuncias nos xulgados por falsificación de actas e de signaturas de persoas alleas a estas trapalladas.

Romance do Chiculate

15 Xullo 2011
Publicado en Opinión
Por camiños virtuais non sempre andan as virtudes, nin verdades, nin decencia. Hai quen, pola súa maldade, ignorancia e incompetencia, amosa neses carreiros a dura face que agocha diante da humana presencia. Neses camiños virtuais van montados en libelos que disfrazan de Diario, mais, como xa todos coñecen, nin é Diario nin di verdade, porque xa todos coñecen que a escola de xornalismo non a pisaron xamais.