Don Jesús Ramos Fuentes, o que fora o primeiro alcalde de Camariñas en democracia, finou o luns 22 de agosto do 2016. Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Camariñas queremos dar o noso pésame a toda a familia deste camariñán que tivo o honor de ser o primeiro rexidor do executivo municipal do noso concello aínda que tamén será recordado por moitos de nos pola súa etapa como profesor da escola da Ponte do Porto. Todo aquel que desexe estar coa súa familia nestes duros momentos pode acudir ó Tanatorio da Ponte do Porto onde está sendo velado o corpo sen vida de Don Jesús. O funeral de corpo presente será celebrado na tarde deste martes na igrexa parroquial de San Bartolo de Arou. Descanse en paz.

A noticia correu coma un lóstrego polo campo de fútbol da Grixa, en Ponte do Porto. Martinez, o seu presidente, acababa de morrer. Unha longa e cruel enfermidade acabou cunha boa persoa, alegre e comprometida. Os xogadores do Porteño, que non podían conter as bágoas, e os do Zas, gardaron un minuto de silencio e levaron brazaletes negros na manga da camisola que con tanto orgullo representaba Martinez.

Lamentablemente hoxe voltamos a estar de luto e sentimos unha profunda dor na Agrupación Socialista de Camarinas. Deixounos un compañeiro e amigo exemplar, Francisco de Arou. Dende a nosa familia socialista queremos arroupar e acompañar a sua familia nestos duros momentos, compartimos a sua dor e nunca olvidaremos o noso querido compañeiro. O noso compañeiro está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas. O funeral celebrarase na Igrexa de San Bartolo de Arou as 17:00 horas deo domingo 8 de novembro. 

Lamentablemente, o único inrreparable nesta vida é a morte. Hoxe a Agrupación Socialista de Camariñas está de loito, foisenos un gran compañeiro e amigo Francisco José Pazos, ex director do hospital de Cee. Gran persoa e gran profesional, fixo una importante labor no hospital de Cee ca integración do centro no sergas, ampliando áreas quiriúgicas de reanimación e do nido pediátrico, reducción das listas de espera… Do que mais orgulloso se sentía era que o hospital foi un dos pioneiros en Galicia en implantar o servicio de parto natural. Encantaballe vir a nosa Festa do Ariño a disfrutar con nos da celebración mais tradicional dos socialistas de Camariñas.  Queremos trasladarlle a familia o noso mais sentido pésame nestos momentos tan difíciles para eles. Hasta sempre Paco!

A Agrupación Socilista de Camariñas quere dar o seu máis sentido pésame as familias  do señor Claudino, señora Josefa, Jacinto, e señor Paco de Camelle, que nos deixaron estes días. Boas persoas que nos axudaron dunha forma ou de outra, a escribir unha parte importante da historia da nosa Agrupación.

Adeus a nosa compañeira Carmen

28 Outubro 2011
Publicado en Novas
Unha gran perdida para os e as socialistas de Camariñas, foisenos unha compañeira e amiga exemplar, unha gran perdida para o seu home, noso compañeiro José, e para as suas duas fillas Karina e Nieves. Unha gran perdida para todos os que a coñeceron xa que Carmen era unha boa persoa.Hoxe, desde a nosa páxina, queremos rendirlle un sencillo homenaxe recordando a todos e todas que coma ela viviron defendendo as suas ideas socialistas.
Finou un dos NOSOS. Así, con maiúsculas. Un home do pobo humilde; dunha familia humilde; dun barrio mariñeiro e camariñán  hasta o cerne.