A deputada socialista Marisol Soneira presentou hoxe as emendas que o seu grupo parlamentario acaba de rexistrar para tentar corrixir os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano. As emendas foron propostas polos socialistas da Costa da Morte e abranguen dende actuacións puntuais nos distintos concellos, ate proxectos e iniciativas de ámbito comarcal.

Os socialistas da Costa da Morte celebraron esta noite unha reunión na Casa da Cultura de Corcubión para elixir ao coordinador comarcal en substitución do carnotán Suso Campos, que deixou a responsabilidade este verán.

O eurodiputado e ex-ministro socialista José  Blanco trasladará aos socialistas da Costa da Morte as posibilidades que ofrece a Unión Europea para que os concellos acometan accións e programas innovadores con financiamento europeo. O próximo sábado 24 de outubro, os cargos públicos socialistas da Costa da Morte manterán unha xornada de traballo con José Blanco para informarse das posibilidades que a UE ofrece aos pequenos concellos e aproveitarán para trasladarlle as súas propostas e dúbidas que sobre xurdan sobre o asunto. O acto celebrarase ás 11 da mañá na Casa do Pobo e Mais Camariñas ofrecerá un amplo reportaxe do que aconteza neste interesante encontro co ex-ministro José Blanco.

A tenente de alcalde, Sandra Insua, clausurou fai uns días o programa Deseñando o teu Futuro na Costa da Morte" onde 30 mozos e mozas dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Vimianzo e Muxía comezaron as súas estadías en empresas destes concellos.

Marisol Soneira presenta emendas para infraestruturas, sanidade, educación, saneamento, portos ou equipamento social, para corrixir o deterioro dos servizos públicos. A deputada socialista da Costa da Morte, Marisol Soneira, vén de anunciar que os socialistas reclaman 14 millóns de euros para a Costa da Morte a través das emendas aos orzamentos da Xunta que serán debatidas a partir da próxima semana. A deputada socialista explica que as emendas inclúen as principais demandas da comarca.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da deputada Marisol Soneira Tajes e dos deputados Juan Carlos González Santín e Pablo García García, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 162 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Proposición non de lei en Comisión 3.ª.

Marisol Soneira critica que a Xunta “só ofrece engano e manipulación, repago polos servizos públicos, suba de impostos e emigración como única saída laboral”

Elección de Coordinador Comarcal

13 Marzo 2013
Publicado en Galicia
Estimado compañeiro, Estimada compañeira: Como sabes, a Executiva Provincial aprobou un regulamento para elixir ós/ás Coordinadores/as Comarcais mediante unha consulta a toda a militancia nunha asamblea comarcal. Convócase á asamblea da comarca de Costa Atlántica, que se celebrará o vindeiro sábado 16 de marzo ás 17:00h na Casa da Cultura de Corcubión coa seguinte orde do día:
O sábado 6 de outubro as 11 da mañá, terá lugar unha andaina por o trazado da Autovía da Costa da Morte. Esta andaina fora suspendida debido as condición meteorolóxicas adversas.

 

Hai pobos aos que a xeografía e a historia abocaron a construír o seu futuro, en boa medida, coas súas propias mans, sobre un esforzo titánico e solitario. Son pobos, por iso, cunha gran fe en si mesmos, afeitos aos obstáculos, pero alleos a ideas como o desalento ou o fracaso. Trátase de pobos que nunca saen derrotados, avanzan contra o vento seguindo conviccións sólidas. Dá igual as dificultades que afronten. A súa perseveranza e afán constrúen pontes dende as que superar calquera adversidade. A suma de todos os veciños, dispostos a traballar arreo, solidariamente, uns a carón de outros, forxou este carácter especial. En realidade, hai poucos pobos así, donos de valores colectivos tan fortes nunha sociedade cada vez máis ensimesmada e individualista.
Páxina 1 de 2