Xa é público. Un xulgado volve a ditaminar que o portavoz do Partido Popular no concello de Camariñas está ocupando ilegalmente unhas instalacións alleas. Daniel Rego argumenta que realmente nada diso vai con el xa que a razón social que figura como ocupante ilegal do Club Náutico é propiedade dun familiar.

 

O PP de Camariñas a pesares de ter “eminencias xurídicas” nas súas filas, e un Presidente habitual dos xulgados (aínda que a maioría dos xuízos nin se presenta, e aparece nas sentenzas en “ignorado paradero”), cando Daniel Rego cobra da Deputación uns 20.000 euros en un cargo de asesor que non sabemos a día  de hoxe que funcións ten, enganan publicamente e sen inmutarse.

Unha lorchada coral

02 Xullo 2012
Publicado en Opinión
Aquí estamos de volta, meus. Hoxe vimos tódolos lorchos xuntos porque hai variación e profusión de temas, e algún deles con moito tomate. Primeiro manifestarvos que estamos, toda a familia lorcheira, moi ledos e contentos do partidón que fixo España  na final da Eurocopa... que pasada! Que primor! Que ghosada, José, que ghosada!! Estamos os lorchos en estado de orgasmo -futbolístico e patriota- permanente. Noraboa aos xogadores e gracias por facernos esquecer a puñetera prima de risco por uns intres.

 

Moi boas teñades meus amigos e miñas amigas. Hoxe tócame a min, o Lorcho de Corea, traervos algunhas novas que escoito durante os meus paseos ao abrigo do malecón do Cansorro. Non sabedes vos do que se entera algún parándose a escoitar o que se di na terraza do Casino!
Dende o Concello de Camariñas queremos comunicar que o proxecto Mar na Escola vai comezar o vindeiro xoves 12 de abril. Deste xeito, algúns que falaban que non se iba a facer e demais tonterias, esperemos que agora non se queiran colgar medallas decindo que gracias a eles vai haber Mar na Escola.

Hai un okupa no náutico

26 Xaneiro 2012
Publicado en Opinión
Meus ben queridos e nunca suficientemente valorados lectores, non sabedes como me come o demo de non podervos contar todo o que me rexouban ao carón da miña poza do Muelle Novo! As verbas que se dedican uns a outros feren como coitelos de aceiro toledán. A guerra é total. Sen cuartel. Xa non chega con ferir, o que se busca e aniquilar o inimigo.

COMO ESTÁ O PATIO, MEUS!!

19 Xaneiro 2012
Publicado en Opinión
E incrible pero mais serto que o último temporal na Punta da Carnisería. Dixo Daniel Rego, o outro día na Voz de Galicia, que lle abren expediente a tres militantes do PP de Camariñas para a súa expulsión. Está ben oh! Cada quen fai na súa casa o que lle da a jana pero as rasóns que expoñe o Danielito (este vai ser Danielito toda a vida) son de coña.

Polas súas obras habelos coñecer

11 Xaneiro 2012
Publicado en Opinión
Dende que o Lorcho -ou mellor sería dicir os Lorchos-  comezou a publicar os seus artigos en Maiscamarinas.com, todos eles teñen un ton satírico e humorístico no tratamento de asuntos que son moi serios. Hoxe non vai a ser así, porque o que está a pasar no Club Náutico é dunha gravidade tal que nos ten que mover a todos a reflexionar sobre os comportamentos públicos, e incluso privados, daqueles que aspiran a representarnos a todos.