1º DE MAIO: UNHA DE CALLOS!

01 Mai 2014
Publicado en Opinión
O chocolate provén do cacao e, contrariamente ao que todo o mundo cree, non é doce se non moi amargo. O chocolate que coñecemos é o produto de múltiples misturas onde entran o azucre, o leite, froitos secos, e unha morea de produtos que dan como resultado toda esa morea de chocolates que hoxe coñecemos.

Os que non conseguen resultados a través da democracia, queren tomar o poder a través dos xulgados.

O pasado mércores La Voz de Galicia, daba conta de outra denuncia contra o alcalde por unhas contratacións, e falaba que fora “a instancia de un vecino”, pois ese veciño que denunciou foi José Manuel Olveira Pérez, (Chocolate) que tamén é Secretario do PP de Camariñas, bueno iso di el, aínda que nin sequera dentro do seu partido o respetan xa, so unha parte do que el chama comité local que veñen a ser tres personas.
Moi boas teñades boas xentes. Eu, que levo un tempo sen solás, despertei hoxe de súpeto diante da chea de rumores, díxome-díxome, rexoubos e outras lerias que por aquí circulan.
O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras ben negras. O que ía a ser un dos días máis importantes para a historia de Camariñas, convertíase no día que o PP de Feijóo, lanzou a mentira, e o incumprimento máis grande, que se vira por este lugar.

 


Ese día o Presidente de Portos imputado no seu día Álvarez-Campana (moi curioso que a xente do PP de Camariñas non tiña reparo en acompañar a imputados), acompañado por Danielito mais coñecido agora por o “Okupa-Cociñeiro”, a deputada popular Marisol Piñeiro, e demais palmeiros do PP de Camariñas, anunciaron en unha cerimonia por todo o alto “unhas obras nunca vistas, con un orzamento de 11,2 millóns de euros no Programa de actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI”.

Acompañáronse de unha gran parafernalia, no que non faltaron planos, prazos e supostos investimentos, Televisión de Galicia, pinchos (pagados co diñeiro de todos) etc. Todo moi ben presentado, pero o final como sempre fixo o PP en Camariñas, papel mollado, o enésimo incumprimento con este Concello.

Das actuación prometidas solo se está levando a cabo, tarde e a golpe de campaña de electoral a Ampliación do Peirao. Foi curioso ver como esta obra se traballaba sempre que había campaña electoral, como aconteceu en marzo e outubro do ano pasado, e unha vez pasadas as eleccións páranse sen motivos aparentes. 

Das outras obras comprometidas, e que se tiñan que estar facendo este ano de 2012, nada de nada.

Fagamos un pequeno repaso o comprometido:

Acondicionamento do bordo portuario.
Consistía na construción da 3ª Fase do Paseo Marítimo camariñán, a que vai dende a Punta do Canzorro ata a Punta da Carnicería. Obra que se ía a comezar a finais do 2010, e rematar no 2012.

Contradique.
Tratábase de construír un contradique saíndo da Punta da Carnicería. Tiña previsto comezar no 2011 e rematar no 2012.

Instalacións Pesqueiras.
Prometeron acondicionar o espazo ocupado (non confundir con okupado) polo Club Náutico, con unhas instalacións pesqueiras. A obra tíñase previsto executar entre 2011 e 2012.

Instalacións Náutico-Recreativas.
Supoñía o traslado do Club Náutico ata a Lonxa Vella e tamén dotación dunhas importantes instalacións en canto a pantaláns para as embarcacións náutico recreativas. Actuación prevista para os exercicios 2011, 2012 e 2013.

Urbanización da Zona Pesqueira
No 2012 está previsto que comezaran as obras de urbanización do Muelle Novo o que melloraría a operatividade e seguridade.

Está é a palabra de Feijóo, incumprimento tras incumprimento, todos eles bendicidos por o silencio cómplice do PP de Camariñas, okupados máis en desfacer Institucións exemplares, denunciar a veciños, e visitar cuarteis e xulgados, que loitar por os intereses do noso Concello.

 

Avecíñase Marexada!!!

07 Mai 2012
Publicado en Opinión
Bo día teñades todos, habitantes do profundo mar e das secas terras. Di Meteogalicia que ven por aí unha surada de muito nabo, con ventos e chuvias a tuti plé. Xa sabedes: coitade os cabos, revisade as defensas, atrancade as ventás e poñédevos o abrigo do radiador que as cousas veñen duras.
Debido ao desbordamento do Rio Grande,  a ruta de Sendeirismo que ía ter lugar o vindeiro 6 de maio, na que participaban os Concellos de Camariñas e Vimianzo, queda suspendida debido a que a ruta quedou anegada de auga pola choiva caída estos dias e que fai imposible que se poida pasar por algún lugar en concreto. Buscarase unha nova data para levala a cabo xa que había moitísima xente anotada e interesada en participar.
Aquí estou de novo, meus. Hoxe o conto vai de problemas dentro do PP, tanto en Camariñas como en Vimianzo. Bueno, o de Vimianzo xa é de dominio público e mesmo se reflicte na prensa comarcal de hoxe:Dona Carme, que ía para conselleira, é cuestionada polos propios seus que xa nin de voceira municipal a queren. Claro que disque os rebeldes o que queren e buscar aliados para presentar unha moción de censura en Vimianzo aínda que lle teñan que regalar a alcaldía a outra forza... Quen o sabe? Os rexoubes pola capital de Soneira andan adoecidos, segundo me conta o meu parente o Lorcho de Cereixo

O cazador cazado

13 Febreiro 2012
Publicado en Opinión
Moi bo día teñades todos e todas, meus. Ando aljo achacoso porque estes aires fríos do nordés veñen condenados. Hai tombos na praia de Ariña Blanca !!!, así que xa vos podedes imaxinar o viruxe que fai. Como estón aljo afiebrado e recomendáronme jardar cama, mato o tempo vendo o que escriben os “periodistas” dunha páxina camariñana que non se distingue, precisamente, polo rigor do que publica.  Da a impresión de que os que escriben alí viven nun país oprimido polas forzas do mal dirixidas por un alcalde que, polo que eles contan, dedica as vintecatro horas do día e tódolos días do ano a maquinar maldades contra todo e contra todos, pero sobre todo contra o pobre redactor do libelo que pretende ser xornal.

COMO ESTÁ O PATIO, MEUS!!

19 Xaneiro 2012
Publicado en Opinión
E incrible pero mais serto que o último temporal na Punta da Carnisería. Dixo Daniel Rego, o outro día na Voz de Galicia, que lle abren expediente a tres militantes do PP de Camariñas para a súa expulsión. Está ben oh! Cada quen fai na súa casa o que lle da a jana pero as rasóns que expoñe o Danielito (este vai ser Danielito toda a vida) son de coña.
Bo ano para todos, meus. Comeza 2012 con malos presaxios despois de asistir ao acordado por Rajoy no último Consello de Ministros. Que a Santa Sirenita nos colla confesados que o conto ven fodido. E non será porque non se avisou!, pero nada, a xente seica lle gusta andar no aramio a mil metros de altura.

 

Páxina 1 de 2