A Casa de Pedra quedouse pequena para albergar a todo o púbilico que acudiu a presentación da candidatura dos Socialistas de Camariñas as próximas eleccións municipais. Unha presentación que destacou sobre todo pola gran emoción que se vía na xente alí presente.
Mariscadora, representante dos pais da escola de Xaviña, pandereteira de Abrindo o Rejo, Ángeles Santos Cibrán é sobre todas as cousas unha Xaviñana orgullosa do seu pobo, e unha socialista de toda a vida.

 

Roberto Castro Tajes e o candidato de Brañas Verdes na lista socialista.  É un home tranquilo, que fala pausadamente, sempre cun sorriso. Dime que lle pregunte o que queira, pero que tampouco hai moito que contar, "eu son un home sencillo."
María Teresa Castro Carril, Maitiña para todos aqueles que a coñezan, é a candidata máis nova do PSOE nestas municipais. Aínda sendo unha das caras máis coñecidas, é para a maioría da xente a gran descoñecida. Tímida aínda que con moito carácter, é un gran corazón, así é a nosa Maitiña...
Quedo con Maira na Casa do Pobo, cando eu chego, ela xa está alí. Sorrí nerviosa. A ver que preguntas me vas facer!. !E unha rapaza amable, sempre cun sonriso na boca. É Luns, hoxe e o seu dia libre, o resto da semana traballa na peluquería que ten na Ponte do Porto. Mira o reloxo, e cóntame que deixou o neno ca súa nai. Dentro de pouco xa lle toca comer!
Javier recíbeme na súa casa; fai un dia desapracible, así que mellor estar nalgún lugar donde non pasemos frío.Acaba de chegar de andar en compañía do seu fillo, e o primeiro que fai e ofrecerme algo para tomar. Todo aquel que coñeza a Javier Cabrejo, sabe que estamos ante unha gran persoa, un camariñán preocupado polo seu pobo, en definitiva, un Señor. Nada mais cegar avisa o electricista de que dúas farolas da carretera do faro prenden antes de tempo. Rematada a chamada comenzan as preguntas.
O pasado venres tivo lugar na Casa do Pobo, a primeira toma de contacto dos candidatos socialistas dende a súa proclamación por a Asamblea o pasado 11 de febreiro.

Germán, un veciño de Arou

23 Febreiro 2011
Publicado en Novas
Germán Camiño Mouzo 48 anos, casado e con dous fillos, foi durante os últimos oito anos Concelleiro, e a cara do maior cambio que se producíu na historia de Arou. Agora deixa a primeira liña, pero seguirá traballando para o seu concello. A mañá empezou chuviosa, na rebeira moita xente aproveitando a maior seca do ano... "do ano non, a maior seca dende 50 anos" dicía un veciño, "nunca vin o mar en Lobeiras tan baixo". Esta non é unha entrevista, isto é un paseo por Arou e polos últimos oito anos. Unhas reflexións dun home que che fala á cara, cheo de emoción, sabedor, iso digo eu , de un traballo ben feito e de un futuro máis que esperanzador. A continuación vou a resumir unha longa conversa con Germán. Espero poder transmitir aquí a paixón coa que el falou.
Páxina 2 de 2