Manuel Valeriano Alonso de León, volve a repetir como cabeza da lista socialista de Camariñas. Pero para todos os Camariñans, o seu alcalde e Pichurri, o fotógrafo de toda a vida, é esa persoa a que podías acudir si tiñas un problema. Tras catro anos de brillante xestión, Pichurri volve enfrentarse as urnas donde espera revalidar o conseguido na anterior cita.

Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo"

19 Mai 2011
Publicado en Novas
Juan Manuel Cabrejo Pasantes, é Juanillo para a maioría dos camariñáns. O futbolista que chegou mais lonxe, daquela mítica quinta que ganara a Copa da Costa. Nacido no barrio de Corea, sempre levou ala onde xogou o fútbol o nome do seu pobo. Desta vez, xoga un importante partido no terreo político, onde debuta como número 3 substituíndo a outro Cabrejo ilustre.

 

Sandra Insua Rial, e para a maioría da xente que a coñece ,Sandra do Rosquilleiro, aínda que naceu en   Suiza, criouse a cabalo entre Tufións e a Ponte, e síntese porteña de corazón. É a máis veterana da lista socialista, pois xa foi tenente alcalde con Bautista. Nestas eleccións, está convencida de volver a gañar.
Mercedes Martín, repite este ano na candidatura socialista por Camelle. Xa leva moitos anos na vila mariñeira, onde traballou na Casa do mar, na cofradía, e no centro de saúde, onde sigue traballando. Camellana de corazón, Merce

 

Sergio Caamaño é o candidato do PSOE por Xaviña. Repite outra vez na lista socialista,  despois de estar catro anos como Concelleiro á fronte da Mostra do Encaixe. Tarefa difícil na que Sergio desempeñou unha excelente labor. Cercano no trato, aínda que algo tímido, tenta revalidar o éxito conseguido nas pasadas eleccións.

 

Gemma Pedreira Allo, é o relevo de Germán Camiño como candidata socialista por Arou. Traballadora incansable na empresa familiar, onde se encarga da facturación, o control da fábrica, preparación dos pedidos, como ela di, fago un pouco de todo.

 

Mari Carmen Linares Chica, É, e sempre será a Malagueña para todos os veciños de Camariñas. Casada con un camariñán, é nai de dous fillos, síntese camariñana de corazón, porque como ela di, a vida levouna por moitos lugares, pero este é onde decidiu vivir e criar os seus fillos. De Mari Carmen pódese dicir, que abandeira os ideais de xustiza, progresismo e igualdade do Partido Socialista. A súa timidez, faille pensar a quen non a coñece, que é unha persona de carácter difícil. Todo o contrario.
Rosana Barbeira Fandiño, é a  candidata do PSdeG PSOE pola Ponte do Porto. É unha muller miúda si, pero con unha enerxía e unha alegría que contaxia a quen fala con ela. Traballadora incansable e nai de dous fillos non dubidou en ir nas listas para apoiar ó seu partido.
Quizais se dicimos José Luis Rodríguez Tajes, pouca xente sebe quen é, pero si dicimos Luis de Benedito, Luis o dos cabalos, Luis de Triñans, entón si. Traballador incansable dende os 13 anos e sempre cun sonriso na boca, pódese dicir que non hai ninguén neste pueblo que se leve mal con el.
Juan Carlos Canosa Marcote, veciño de Camelle e enxeñeiro de profesión, e un dos integrantes da lista socialista, representando a parroquia camellana. Estudou toda a vida con becas en Asturias, por iso os seus primeiros pasos laborais foron tamén na comunidade veciña.

 

Páxina 1 de 2