Marisol Soneira pregunta tamén pola variante de Baio, anunciada por Hernández no pleno do Parlamento e que non consta nos Orzamentos

A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias ca fin de aclarar en que consiste a “priorización do tramo Carballo – Baio” no trazado da autovía da Costa da Morte, anunciado polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, no pasado Pleno celebrado os días 29 e 30 de outubro na Cámara Autonómica.

A Xunta anuncia no Parlamento que a autovía da Costa da Morte limitarase ao tramo Carballo – Baio “no mellor dos casos” - Marisol Soneira sinala que dos 70 millóns de euros comprometidos tan só figura 1

A parlamentaria socialista Marisol Soneira advertiu hoxe que a Xunta ten retirado as partidas orzamentarias anunciadas para a autovía da Costa da Morte das contas da Xunta para 2014. Así llelo dixo hoxe ao conselleiro de Infraestruturas no debate dunha pregunta no Pleno do Parlamento, na que sinalou que en lugar dos 70 millóns de euros comprometidos as contas só incorporan 1.
A deputada socialista da Costa da Morte, Marisol Soneira, levará á sesión de control ao goberno, no Pleno do Parlamento de hoxe, unha pregunta oral sobre o estado das obras de construción da autovía da Costa da Morte, a iniciativa será debatida hoxe pola tarde. Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx

Marisol Soneira critica que a Xunta “só ofrece engano e manipulación, repago polos servizos públicos, suba de impostos e emigración como única saída laboral”

OS SOCIALISTAS ESIXEN Á XUNTA QUE CUMPRA O COMPROMISO COA COSTA DA MORTE E REINICIE AS OBRAS DA AUTOVÍA PARA CUMPRIR OS PRAZOS

Marisol Soneira denuncia a irresponsabilidade, demagoxia e desprezo aos cidadáns por parte do Goberno tras os atrasos e paralización das obras, e califica como “lamentable” a situación de abandono que se apodera da zona. A deputada insta ao goberno de Feijóo a asumir directamente o proxecto en caso de que a empresa adxudicataria non consiga solucionar os problemas de financiamento
MARISOL SONEIRA ADVIRTE QUE O PP SERÁ COMPLICE NECESARIO DE QUE NON SE REMATE A AUTOVÍA DA COSTA MORTE
O conselleiro Agustín Hernández deuse dous meses, en setembro, para que a empresa concesionaria acadase financiamento para continuar coas obras e, con posterioridade, incluso chegou a asegurar que non era descartable que houbera que volver a licitalas.

 



Xunto con todo isto escóitanse rumores, antesala sempre das decisións que xa se teñen tomado, de que a Xunta de Galicia pretende executar exclusivamente o tramo comprendido entre Carballo e Baio, renunciando ao tramo comprendido entre esta última localidade e Berdoias, no concello de Vimianzo.

De levarse a cabo esta última opción atoparíanos con moitos e moi diversos problemas entre os que compre destacar a vulneración das condicións da adxudicación da devandita obra xa que as condicións polas que se lle adxudicou a esta empresa concreta incluían todo o trazado e cunhas condicións determinadas, polo que non sería descartable a presentación de reclamacións por parte das empresas non beneficiadas pola adxudicación; fragmentaríase, unha vez máis, a comarca excluíndo das posibilidades de desenvolvemento a parte máis afastada dos grandes eixos de comunicación galegos, españois e europeos; e, por si todo isto non fose o suficientemente grave, certificaríase, outra vez máis, o engano e a falta de compromiso da Administración autonómica cunha das zonas máis deprimidas de Galicia, de España e de Europa.

A PARLAMENTARIA SOCIALISTA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI EN PLENO INSTANDO Á XUNTA A :

1.- Procurar os instrumentos financeiros que lle permitan á empresa concesionaria das obras da autovía da Costa da Morte rematar as obras xa iniciadas nos prazos previstos na adxudicación máis o período de paralización dos últimos meses.

2.- A que, no caso de que a empresa adxudicataria non fose capaz desolucionar os problemas de financiamento das obras, sexan asumidas directamente pola Xunta de Galicia para o seu remate nos prazos establecidos no punto anterior.

3.- A que, tanto no primeiro como no segundo caso, se execute o proxecto íntegro en todo o seu trazado entre Carballo e Berdoias, e coas características técnicas que nel figuran: autovía de dous carrís en cada dirección e libre de peaxe.

 

OS SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJÓO DE “MENTIR E ENGANAR” Á COSTA DA MORTE AO PARALIZAR AS OBRAS DA AUTOVÍA. Marisol Soneira salienta que “logo de reiniciar a licitación por 205 millóns de euros mais e 5 anos menos de concesión” hoxe “non hai financiamento nin actividade”.

Marisol Soneira acusou hoxe a Feijóo de “mentir e enganar” aos veciños e alcaldes da Costa da Morte ao ter paralizadas as obras da autovía da Costa da Morte. Así o dixo no debate dunha pregunta oral sobre a paralización das obras desta infraestrutura, que foi presentada no Pleno do Parlamento de hoxe.

Soneira dixo que “non hai financiamento nin actividade e non se sabe cándo se retomarán as obras” dunha concesión que, logo de ter sido licitada polo goberno socialista, Feijóo decidiu paralizar e reiniciar “para concedérllela á mesma empresa por 205 millóns de euros mais e cinco anos menos de concesión”.

A parlamentaria socialista apuntou que, malia ao compromiso de ter finalizada a autovía no verán de 2013, a realidade é que “as máquinas están paradas” dende fai 6 meses poro unha suposta falla de financiamento da empresa. Subliñou que no seu lugar “están medrando os pinos, hai escorrentías e os veciños teñen anegados os cauces e os camiños, imposibilitando o acceso ás propiedades”.

Advertiu que o goberno galego “non da garantías de continuar coas obras, xa que recoñece que a empresa segue sen resolver os problemas de financiamento”. Logo do debate, dixo que a Xunta “recoñece que a decisión de rescindir a primeira concesión foi sectaria e temeraria porque a empresa ten agora os mesmos problemas de financiamento que antes”.

Ademais, anunciou que a empresa “ten a intención de renunciar a executar todo o tramo da autovía, xa que pretende priorizar o tramo Carballo – Baio, deixando o tramo Baio – Berdoias “para cando as circunstancias o permitan”.

O sábado 6 de outubro as 11 da mañá, terá lugar unha andaina por o trazado da Autovía da Costa da Morte. Esta andaina fora suspendida debido as condición meteorolóxicas adversas.

 

POR MOR DO TEMPORAL QUE SE ANUNCIA PARA O DOMINGO, APRAZASE A MARCHA PREVISTA PARA ESTE DOMINGO PARA UNHA VINDEIRA DATA.

Os compañeiros de Carballo, están a organizar o domingo unha camiñata en protesta por a xestión que a Xunta de Galicia goberna por o PP está a facer na Autovía da Costa da Morte
Nunha pregunta en Pleno, a parlamentaria socialista, Marisol Soneira, inquiriu ao Goberno sobre o futuro desta obra, logo de que non apareza nos Presupostos do Estado e o ministro de Industria teña avanzado que non se farán novos paradores, salvo excepcións das que está excluído o de Muxía.

 


 

A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, recriminou aos gobernos populares da Xunta e do Estado, a falta de vontade política para avanzar na construción do Parador de Muxía.
Recordou ao conselleiro Rueda que, en setembro de 2011, o goberno faille unha encomenda á empresa pública Tragsa e faino tamén para adiantar os prazos e evitar os atrasos de como mínimo un ano en caso de recorrer ao concurso de varias empresas.
Calificou de “sorpresa morrocotuda” o cambio de actitude do Goberno de Rajoy cando o seu titular de Industria di que salvo excepcións como o de Lorca, non se van construír novos paradores. Ao día seguinte o desminte Feijóo e Rajoy afirma que o Parador de Muxía se fai si ou si. Pero, cando se presentan os Presupostos do Estado, “non aparece o Parador de Muxía por ningún sitio”, reprocha Soneira.
Insistiu a parlamentaria socialista ante as negativas do titular de Presidencia en que con só con firmar a acta de replanteo, “maña Tragsa pode empezar a traballar”, xa que, dixo Soneira “ten todos os suministros, ten todos os permisos e acopio de materiais que xa fixo o ano pasado”. Explicou que a encomenda “era precisamente para que unha empresa pública financiara as obras e, este ano só tiñan que poñer un millón de euros no Presuposto, outro millón o ano que ven e no terceiro ano a parte principal, quedando para o cuarto menos de sete millóns de euros.
Trátase do mesmo método que para a Autovía da Costa da Morte, que a Xunta, denuncia Soneira, ten “paralizada”, e as empresas subsidiarias xa enviaron aos traballadores unha carta para que, desde o próximo venres, “se vaian para a casa”.
Soneira recordou os compromisos do Presidente da Xunta ante o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE cando lle pregunta por este asunto na Cámara autonómica, ou ante o alcalde de Muxía, ao que chamou o propio titular do Executivo galego. “Pensei vir a este debate a ver que se cumpría a palabra do señor Feijóo, pero lamento constatar que seguimos coma sempre”. 





Páxina 2 de 3