Deixando ao lado todo o esperpento que envolve a xestión desta tan necesaria vía de comunicación  para o conxunto da Costa da Morte e non solo para unha parte da mesma (por certo, a máis próxima á capital provincial), a violación da Lei de Contratos do Estado, a case duplicación do custe, a redución do período concesional a un custe maior, o incumprimento sistemático das promesas do Presidente e mais membros do seu goberno, as reiteradas faltas de respecto aos habitantes da Costa da Morte, e un longo etc máis de actuacións lamentables en todo o proceso de  xestión da aínda non nata autovía, da a impresión de que o Presidente Feijoo, a Conselleira Vázquez, o Partido Popular e todo o seu contorno mediático, agardan a que os felicitemos polo bochornoso espectáculo amosado estes días: un remedo de inicio das obras da mini-autovía destinado a enganar aos nativos facendo ver que se fai.

O PP impide incorporar a emenda técnica proposta polos servizos xurídicos do Parlamento para que a modificación se realice a través da Lei de Contratos. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, sinalou hoxe que o PP “vulnera a Constitución” ao impoñer a modificación parcial do contrato coa concesionaria da autovía da Costa da Morte a través da Lei de Acompañamento aos orzamentos. O PP impediu incluír mesmo a emenda técnica proposta polos servizos xurídicos do Parlamento para adecuar a modificación á normativa.

1. Os expertos afirman que cada millón de euros investido en infraestruturas, crea seis empregos directos e doce indirectos. O investimento da Xunta actual é a metade do que foi no pasado. Ainda así, nos últimos cinco anos a Xunta dispoñía de 8.441 m€ para investimentos, dos que so foron executados 4.969, menos do 60%. Catro de cada dez euros aprobados non foron executados. Non é extrano que  o  sector da construcción perdera  50.000 empregos, a metade dos existentes. No ano en curso so esta executado o 26% do orzamento. Un dos peores datos de todalas CCAA, según o Ministerio de Facenda.

Os socialistas galegos denunciaron hoxe que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “supérase a si mesmo é fai desaparecer a Costa da Morte dos Orzamentos para 2015”, reducindo “a autovía á metade”. “Nun claro exercicio de trilerismo político e en claro fraude de lei, o presidente da Xunta modifica as condicións de adxudicación da autovía e condena á Costa da Morte o illamento e a marxinación en que sempre a tiveron os gobernos do Partido Popular”, manifesta Marisol Soneira.
A deputada socialista Marisol Soneira vén de esixirlle ao goberno galego que remate “de inmediato” a autovía da Costa da Morte “íntegra, sen rebaixas que limiten unha infraestrutura imprescindible para a comarca”. A responsable socialista alerta que o goberno galego quere limitar a infraestrutura á conexión “Baio – Carballo”, renunciando ao proxecto orixinal. Advirte que “calquera execución parcial deixaría á comarca cunha infraestrutura feita a base de remendos, coas costuras á vista e en definitiva suporía un estrago de cartos e recursos”. Alerta ademais do risco de ter que afrontar reclamacións patrimoniais pola modificación das condicións da licitación “pola vía dos feitos”, abrindo a posibilidade de que as empresas concursantes aleguen un cambio irregular nos requisitos.
O sábado 30 de agosto, está convocada a segunda parte da andaina entre Berdoias a Carballo para esixir que se retomen as obras da Autovía da Costa da Morte paralizadas inxustamente polo goberno da Xunta do PP. Esta segunda etapa partirá as 9 da mañá dende a Cementeira situada na estrada Baio-Borneiro, e rematará en Carballo, onde haberá autobuses para a volta a Baio. A Agrupación Socialista de Camariñas volverá a camiñar cos cidadáns da Costa da Morte esixindo o reinicio das obras de esta vital infraestrutura. AUTOVÍA COSTA DA MORTE XA! Os interesados en asistir confirmade a asistencia, contactando cos membros da Executiva.
Para os sábados 23 e 30 de agosto, está convocada unha andaina dende Berdoias ata Carballo, para esixir que se retomen as obras da autovía da Costa da Morte. A primeira etapa será o sábado 23 e está convocada en Berdoias as 9 da maná, para ir camiñando ata Baio onde haberá autobuses para a volta a Berdoias.
O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presenta mañá na Comisión de Ordenación Territorial  do Parlamento unha pregunta oral sobre a tramitación e xestión das obras de construción da autovía da Costa da Morte. A iniciativa será debatida na Comisión de Ordenación Territorial que comeza ás 10,30 h. Poden seguir a intervención en directo na web do Parlamento de Galicia: http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/default.aspx
Marisol Soneira esixe o remate da infraestrutura “sen mais dilacións, de acordo co proxecto sometido a concurso e adxudicado na súa totalidade”. A deputada socialista Marisol Soneira reclamoulle ao Parlamento a reprobación do conselleiro de Infraestruturas pola xestión e paralización da autovía da Costa da Morte. Soneira presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que denuncia a “irresponsabilidade e desprezo” do goberno galego á Costa da Morte.
A parlamentaria socialista, Marisol Soneira, ven de preguntar no Pleno da Cámara galega ao conselleiro de Medio Ambiente en que consiste a “priorización do tramo Carballo – Baio” no trazado da autovía da Costa da Morte, anunciado por Agustín Hernández no pasado Pleno celebrado os días 29 e 30 de outubro na Cámara Autonómica.
Páxina 1 de 3