A OBRA DE MAN NO MUSEO REINA SOFÍA

24 Febreiro 2016
Publicado en Cultura

Mañá na 17ª Xornada de Conservación de Arte Contemporánea en Madrid, organizada polo Departamento de Conservación-Restauración do Museo Reina Sofía, Carmen Hermo falará sobre a recuperación e posta en valor da obra-legado de Man.

A Deputación de A Coruña, ven de conceder o Concello de Camariñas unha subvención nominativa para o financiamento da obra de Recuperación da Casa de Man de Camelle. A contía das obras será de 25.000 euros dos cales 20.000 son da Deputación e o Concello de Camariñas aporta os 5,000 restantes. 

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN organiza unha mostra de obxetos, fotografías e textos da obra artística de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle”. A exposición que terá lugar no Ateneo Ferrolán do 15 ó 30 de novembro de 2013.

SEMPRE NA NOSA MEMORIA

26 Decembro 2012
Publicado en Cultura

Con motivo do X aniversario do afundimento do Prestige e do falecemento de Manfred, o Concello de Camariñas, en colaboración ca Fundación Man de Camelle, ven de organizar uns actos que se celebrarán o próximo venres 28 e o sábado 29.

 

Por aquí ando de novo, meus. Levo unha chea de tempo desacougado porque non fago mais que oír berros destemplados que fan tremer as lousas da miña ferga. Como xuran e maldicen “las gentes bien” deste noso pobo... Por Neptuno que nunca maxinei que señoras que se dan de tanto postín puideran ceibar tal cantidade de cousas entre os seus candorosos beizos. Santa Sirenita Bendita o que tal oio. Non queda trapo sucio que non se ventile aos catro ventos e teño a impresión de que o conto non fixo mais que empezar. Ao tempo.
A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advirte que xa se ten cumprido o prazo dado ao Goberno para que realizase o estudo e catalogación do conxunto da obra deste artista sen que, ate o de agora, teñamos noticia algunha do cumprimento deste mandato da Cámara de soberanía do pobo galego

 

A Fundación MAN invitavos o próximo venres 12 de agosto as oita da tarde na librería “LER” da Ponte do Porto, a presentación do libro “LA MANCHA NEGRA” DE Manuel Sánchez Dalama, que estará presente e asinará os libros.

 

La Fundación Man, se pone en comunicación con todos vosotros con motivo de los Premios Mestre Mateo.

 

O vindeiro martes, 28 de decembro data do pasamento de Manfred, estrearase en Camelle, na casa de cultura as 19:30, o documental "Man, home sen paz", producido e dirixido por Simón Vázquez e David Formoso. O film dura 72 minutos, e da unha triple visión de Man. Por unha banda o que opinan del os seus veciños e amigos, por outra o que pensan os entendidos en arte (Juan Creus, Antón Castro, Antón Sobral, Carmen Hermo ....) e por último o que opinaba o propio Man sobre determinados aspectos na sua vida.