Como cada Primeiro de Maio os socialistas de Camariñas celebran cun xantar de fraternidade a festa do traballo.cNa Casa do Pobo, e coa colaboración de tod@s, os militantes e simpatizantes socialistas están convidados a compartir un xantar de camaradería o próximo domingo, 1 de maio, como xa ven sendo tradición dende hai anos.

1º DE MAIO: UNHA DE CALLOS!

01 Mai 2014
Publicado en Opinión
O chocolate provén do cacao e, contrariamente ao que todo o mundo cree, non é doce se non moi amargo. O chocolate que coñecemos é o produto de múltiples misturas onde entran o azucre, o leite, froitos secos, e unha morea de produtos que dan como resultado toda esa morea de chocolates que hoxe coñecemos.
Estimado compañeiro, estimada compañeira. O próximo xoves día 1 de maio celebraremos unha comida na Casa do Pobo de Camariñas para festexar o Día Internacional dos Traballadores. Ademais de militantes poden acompañarnos simpatizantes e amigos. Hai que confirmar asistencia antes do 30 de abril. Sen máis, esperando verte na celebración, recibe un afectuoso saúdo socialista.

O Lorcho e o 1º de Maio.

03 Mai 2012
Publicado en Opinión
Boas teñades todos, amigos e amigas. Hoxe fun dar un voltio pola ribeira do Cansorro e da Carnicería buscando o abrigo do temporal e vin unha gran algarabía na sede dos Socialistas de Camariñas. Despois de indagar puiden saber que os socialistas camariñáns, tódolos anos polo 1º de maio, Dia do Traballo, celebran unha comida a que invitan a militantes, simpatizantes e a todo aquel que queira compartir mesa e mantel con todos eles.

Estimado compañeir@:

Como en anos anteriores o vindeiro martes 1º de maio a nosa agrupación quere celebrar o día do traballador organizando unha comida na que nos gustaría que nos acompañes, xunto cos amigos ou familiares que queiras.

Terá lugar na Casa do Pobo e o menú será: empanada, callos, postre e café.

Aínda que poderás acudir antes, non empezaremos o xantar ata as tres para que todos poidamos asistir ás manifestacións do día do traballo neste ano en que son especialmente significativas pola reforma laboral.

Sen máis, e esperando verte na comida, recibe un afectuoso saúdo socialista.