Máis Camariñas - Elementos filtrados por data: Xuño 2016

O alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, vai ser o lugar escollido para a recreación dos ritos que saudaban a chegada do verán, co solsticio de verán, este próximo luns en Camariñas.

Festur celebra a súa terceira edición como espazo de encontro das festas de interese turístico galegas. Unha cita que se unirá, do mesmo xeito que en 2015, ao salón turístico Turexpo Galicia, para ofrecer unha atractiva proposta que ademais se enmarcará na 39a Feira Internacional Abanca- Semana Verde de Galicia para crear sinergias con este emblemático certamen multisectorial.

O próximo sábado, 18 de xuño, no marco incomparable da zona recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa festa anual cunha comida campestre en camaradería e co ambiente distendido de sempre.

Os veciños poden consultar cun arquitecto da oficina redactora do Plan, os xoves, de 10:00 a 14:00 horas nas oficinas do Concello. O Concello de Camariñas quere lembrar a veciños e veciñas involucrados na area que delimitara o Plan Especial de Proteccion e Reforma Interior, que segue aberto o prazo para solicitar información ou realizar alegacións dentro dos dous meses aos que o concello decidíu ofrecer a exposición do plan.

Un equipo da TVG estuvo esta mañá en Camariñas para grabar un programa de “O mellor chiste do ano”, que prepara esta canle para a súa próxima emisión. No programa participaron membros da Asociación de Amas de Casa de Camariñas, que preside Lola Méndez, que exerceron como xurado doutro participante neste concurso. Ademais, un veciño de Camariñas foi seleccionado como concursante ao mellor chiste, que a súa vez, será valorado por outro xurado distinto. Ademais de participar no programa, dende a Asociación de Amas de Casa aproveitaron para promocionar o encaixe de Camariñas e regaláronlle ao presentador do concurso, Paco Toba, unha garabata de encaixe elaborada polas socias da entidade. O presentador lucirá este agasallo durante a emisión do programa na canle autonómica, que de momento, aínda non ten data.

No marco incomparable da área recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa xa tradicional festa anual. Centos de militantes e simpatizantes reuniranse para compartir unha comida e, sobre todo, falar de política ou, simplemente, botar unha partida a brisca ou darse un baño nas cristalinas augas da nosa ría. A Comisión Executiva, que dirixe e coordina Encarna Liñeiro, xa se puxo mans a obra para que, coma sempre, esta festa volva a ser un éxito da man do magnífico equipo intercisciplinar de Germán Mouzo.

A acción ábrese esta fin de semana coa Exhibición da Escola Municipal de Baile Latino e de Salón, este sábado as 19:00 horas na Casa de Pedra. Nesta mesmo escenario, pero o domingo, terá lugar o peche da actividade para a Escola Municipal de Música e Baile Tradicional cunha Exhibición dos e das participantes. O recital comezará tamén as sete da tarde.

O Concello de Camariñas promocionará o seu encaixe na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se celebrará en Silleda (Pontevedra) durante a próxima semana entre os días 9 e 11 de xuño. Ademais da representación institucional, acudirán ao certamen as dúas Asociacións de palilleiras de Camariñas: as veteranas Rendas e a Asociación de Palilleiras As Puntillas, unha entidade de recente creación, que nestes momentos atópase inmersa na captación de socios.

260 rapaces competiron en categorías Alevín e Benxamín, dentro da Fase Final Provincial. Dende primeira hora e cun esixente calendario de competición, rapaces e rapazas de toda a provincia protagonizaron unha intensa loita en pos do título.