Máis Camariñas - Elementos filtrados por data: Mai 2016

A Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo acaba, unha vez mais de ditar sentencia favorable ao concello e á Xunta de Galicia diante do recurso de casación presentado por un veciño de Camariñas contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello de Camariñas convoca o Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2016 co motivo da celebración do vindeiro 17 de maio. Neste certame poderán participar todos os escolares de Educación Infantil, Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares do municipio, ou se estudian noutro centro de fóra, pero son residentes no Concello de Camariñas.

A noticia correu coma un lóstrego polo campo de fútbol da Grixa, en Ponte do Porto. Martinez, o seu presidente, acababa de morrer. Unha longa e cruel enfermidade acabou cunha boa persoa, alegre e comprometida. Os xogadores do Porteño, que non podían conter as bágoas, e os do Zas, gardaron un minuto de silencio e levaron brazaletes negros na manga da camisola que con tanto orgullo representaba Martinez.

A sede dos socialistas de Camariñas, a entrañable Casa do Pobo, que dou acubillo aos voluntarios do Prestige, a distintos colectivos sociais que teñen realizado alí as súas actividades, que axudou a difundir novas de todo tipo, ou que serve para degustar un bo café en mellor compañía, segue coa súa tradición e vocación democrática para facilitarlle aos militantes socialistas de Camariñas que avalen aos seus candidatos para participar no proceso de primarias internas que darán como resultado a elección do candidato a presidir o goberno de Galicia nas próximas eleccións autonómicas.

Fútbol, sendeirismo e múltiples actividades encheron a vila de visitantes. Camariñas congregou esta fin de semana a un bo número de visitantes a expensas dos diferentes eventos que, coa colaboración do Concello de Camariñas, tiveron lugar na vila do Encaixe. Xa o sábado 30 de Abril, a Ruta dos Faros congregou en Camelle a un bo número de participantes no denominado 1º Camiño dos Faros inclusivo. A rota circulou dende o Miradoiro de Lobeiras ata Camelle, con comida final nesta vila. Xa o Domingo tiña lugar a cuarta etapa do Camiño dos Faros, no tramo que circula entre Laxe e Arou e que congregou tamén a un gran número de sendeiristas.

Páxina 2 de 2