Máis Camariñas - Elementos filtrados por data: Mai 2016

O Salón de actos da Casa de Pedra foi o lugar escollido para a celebración do concerto de despedida das Escolas de Música. No seu discurso o concelleiro de cultura, Sergio Caamaño, destacou o traballo realizado en promoción cultural polo concello. O Concelleiro destacou que “neste curso escolar decidimos apostar polos tres grandes bloques culturais: a danza, o teatro e a música. O obxectivo é manter e innovar. Mantivemos as disciplinas de danza e música tradicional, que farán unha exhibición o próximo domingo e a música e movemento, guitarra, baixo, e ademais incorporamos o instrumento piano”

O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar o acordo do Concello de Camariñas en relación coa modificación da taxa por visitas a museos, exposicións, bibliotecas, monumentos históricos ou artísticos e outros centros ou lugares análogos no concello. Así, a visita ó Museo do Alemán terá un custe simbólico de 1€ por visitante. O Concello aplica así a mesma consideración que se usara para a xestión do Museo do Encaixe e con este fin reforma a ordenanza reguladora.

A Escola Municipal de Música do Concello de Camariñas ofrecerá o próximo domingo 29 de maio un concerto das especialidades musicais impartidas por este curso na localidad: guitarra, piano e iniciación musical. O acto de clausura será as sete da tarde na Casa de Pedra. No concerto participarán os alumnos matriculados durante este curso escolar, para mostrar así o traballo feito neste tempo.

A Agrupación Municipal Socialista de Camariñas, a que conta cun maior número de militantes da Costa da Morte, elixirá entre José Luís Méndez Romeu e Xaquín Fernandez Leiceaga o seu candidato á Xunta de Galicia.

O Concello de Camariñas buscará financiamento nos próximos meses para a construción dun centro de día na localidade. A próxima semana enviará unha memoria á Xunta de Galicia para que estude este proxecto e empezar así a buscar vías de financiamento, posto que o Concello non ten capacidade para asumir unha obra destas características. A construción destas instalacións supera os 600.000 euros (611.630 euros), e tería capacidade para trinta usuarios.

Tres parques mais seguros, mais cómodos e máis modernos. O departamento de obras do Concello Camariñán ven de ultimar a colocación dun novo pavimento en tres parques infantís no termo municipal.

O Día Mundial da Fibromialxia foi celebrado por primeira vez en Camariñas este 12 de maio de 2016. Foron varias as mulleres de Camariñas que, xunto a concelleira de servizos sociais Sandra Ínsua, se deron cita na Praza do Concello e que participaron no acto pintando un mural da artista mexicana Frida Kahlo, que simbolizaba a dor que sufren as persoas afectadas por esta doenza. Unha boa iniciativa para lembrar que a sanidade non debe ser obxeto dos continuos recortes cos cales os gobernos do PP castigan sen piedade os cidadáns. Unha boa iniciativa que se repetirá de seguro.

O Concello de Camariñas acaba de firmar o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para levar a cabo o programa “Xantar na Casa”, do que de momento se beneficiarán un total de dez persoas do municipio. O Concello ten previsto empezar no mes de agosto con este novo servizo, xa que antes deberá de completar unha serie de trámites. Os usuarios pagarán dous euros cada día pola comida e o resto do importe será subvencionado polo Concello e o Consorcio.

O Concello ten previsto por en marcha os procesos de contratación de persoal para que todo estea listo de cara as datas estivais.O mes de Maio é de gran actividade para a Concellería de Emprego do Concello de Camariñas. É nestas datas cando se publican no taboleiro de anuncios as bases para a contratación de persoal en postos e actividades relacionadas coa limpeza de praias, a actividade sociocultural ou a protección dos montes e contra incendios.

O responsable de educación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, Antonio Alvarez, trasladouse a Camariñas, invitado plos socialistas camariñás, para trasladarlles as ANPAS e as nais a preocupación que existe na comunidade educativa, e na sociedade en xeral, pola aplicación da LOMCE e a repercusión que esta terá no futuro dos nosos fillos.

Páxina 1 de 2