Máis Camariñas - Elementos filtrados por data: Xaneiro 2016

A Audiencia Provincial da Coruña acaba de desestimar o auto do xulgado número 1 de Corcubión, e polo tanto sobreseer e archivar as actuacións que se teñen producido contra o alcalde de Camariñas pola apertura do Tanatorio Municipal.

O concelleiro responsable de cultura, Sergio Caamaño, remítenos a seguinte nota que nos, encantados, reproducimos.

O Concello de Camariñas, en colaboración con Amigos da Terra, organizaron dous cursos de iniciación a poda para todas aquelas persoas interesadas.

O Concello de Camariñas acaba de presentar o cartel da XXVI Mostra do Encaixe, que nesta ocasión ten como lema “Levamos o encaixe na pel”. O cartel gañador foi elixido nun concurso popular a través do Facebook. En total presentáronse seis carteis e o gañador foi o que obtuvo máis votos polas redes sociais. A autora é unha veciña de Camariñas, Rosa Mouzo Pasantes, e a modelo que aparece é outra camariñana, Maite Castro Carril.

Este luns comezaron as obras de acondicionamento do pavimento de tres parques infantís do noso concello, moi deteriorados polo intenso uso a que se ven sometidos pola nosa poboación mais xoven.

Marisol Soneira denuncia a connivencia da Xunta cunha decisión “en contra da seguridade dos traballadores do mar e de todo o tráfico marítimo en xeral” nunha das costas con máis sinistros do Estado

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 16. A deputada socialista Marisol Soneira vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a decisión feita pública onte polo Ministerio de Fomento, en conivencia co goberno galego, de suprimir a base de salvamento marítimo de Cee. A deputada socialista esixe os supostos informes técnicos aos que aludiu onte a ministra de Fomento, para amparar esta “aldraxe”.

Soneira lembrou que este compromiso resulta “imprescindible” para garantir a seguridade dunha das costas con maior tráfico marítimo e co maior nivel de sinistros de todo o Estado. Lamenta a impasibilidade do goberno galego diante desta decisión da ministra Ana Pastor que vén botar por terra un compromiso posto en marcha polo goberno de Zapatero e que supuxo un investimento final de 1,5 millóns de euros.

A deputada socialista denuncia que Fomento “acaba de confirmar o que xa sabíamos: que nunca houbo intención de manter operativa esta base de salvamento, que nunca houbo a máis mínima intención de manter un helicóptero permanente e que a decisión xa estaba tomada dende que o presidente da Xunta tomou posesión en 2009”.

Engade que o Goberno galego “non ten a máis mínima intención de dotar a esta parte do territorio de medios de salvamento de resposta rápida, e que este tipo de decisións forman parte do modus operandi dos gobernos sostidos polo PP para cos habitantes da Costa da Morte e de toda Galicia”.

A Deputación de A Coruña, ven de conceder o Concello de Camariñas unha subvención nominativa para o financiamento da obra de Recuperación da Casa de Man de Camelle. A contía das obras será de 25.000 euros dos cales 20.000 son da Deputación e o Concello de Camariñas aporta os 5,000 restantes. 

A Comisión Executiva Municipal, acaba de convocar unha asemblea de tódolos militantes e simpatizantes socialistas de Camariñas para analizar a situación política resultante das pasadas eleccións xerais celebradas o 20 de decembro, e mais en concreto os resultados electorais do concello de Camariñas.

Esta é unha práctica habitual dos socialistas de Camariñas despois de cada proceso electoral para analizar polo miúdo tódolos aspectos inherentes ao mesmo. É, sen dúbida, unha boa práctica xa que, aínda que os socialistas camariñáns tiveron un extraordinario resultado electoral (son un dos tres concellos da provincia onde o PSOE gañou as eleccións), a análise e a crítica construtiva son as mellores armas para non acomodarse  e para buscar sempre a superación.

Aproveitarase, tamén, para que os representantes no Comité Federal, Comité Nacional Galego e Comisión Executiva Provincial informen dos debates celebrados nestes órganos superiores do Partido.

A Asemblea  celebrarase o sábado 16, as 20.00 horas, na Casa do Pobo.

O Concello de Camariñas entregará o vindeiro luns unha mantelería de encaixe á Presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, no que será un dos seus últimos actos oficiais antes da súa marcha como deputada ao Congreso dos Deputados. O agasallo foi elaborado por palilleiras da Asociación Rendas de Camariñas durante as últimas semanas. A mantelería será colocada nunha das salas de recepción de mandatarios galegos e doutras comunidades autónomas, onde xa se atopan mostras doutras artesanías típicas de Galicia. Trátase dunha mantelería circular de oito metros de perímetro para un total de doce comensais.

En primeiro lugar, e iso é moi evidente, intereses económicos. Se os 69 deputados e deputadas que, teoricamente, conforman Podemos no Congreso dos deputados, se constitúen en catro grupos distintos van a percibir catro retribucións como grupos parlamentarios e non unha sola. Esta retribución  non é “pataca miúda”, que diría o inefable Caneda, xa que supón un fixo como tal e cantidades variables en función do número de membros que o compoñen. A maiores significa a contratación de persoal e servizos, con cargo todo ao erario público, e un aumento na remuneración dos responsables de todos e cada un dos catro grupos: catro presidentes de grupo, catro Sº Xerais, etc, etc. Significa, en suma, que  69 deputados vanlle a custar a tódolos contribuíntes moitísimo mais que os 123 do PP, ou os 90 do     PSOE.

Soa, por tanto, a tomadura de pelo certos anuncios sobre renuncias económicas  dos deputados e deputadas desta formación política xa que o van a compensar con creces a través dos recursos que achegarán pola vía de constituír catro grupos parlamentarios en lugar dun solo. Outra contradición mais, e xa van moitas, entre o que se di e o que se fai.

O segundo interese é político. Con 69 membros os podemitas e os seus aliados multiplicarán por catro as súas voces no debate político do Congreso dando a sensación de que son moitos máis: catro voces na Xunta de Portavoces, catro voces nos grandes Debates de Estados: investidura, estado da nación, orzamentos, etc. A isto hai que engadir presencia nos órganos de goberno da Cámara.

E hai tamén interese táctico porque esta fórmula permítelles casar todo ese mundo heteroxéneo que conforma Podemos, algún tan difícil de explicar como o xogo de lealdades que teñen os membros de Esquerda Unida. Como explicar que Izquierda Unida non teña deputados suficientes para conformar un grupo parlamentario propio e, sen embargo, haxa dirixentes desta formación política que pretenden formar un grupo propio no Congreso porque foron electos nas filas das Mareas?  Que pensan os vellos comunistas desta contradición? E non estamos falando de militantes anónimos e irrelevantes, non. Estamos falando de dirixentes desta formación política ao mais alto nivel, en Galicia.

A contradición é mais manifesta se fixéramos política ficción e, tanto o PP como o PSOE,  decidiran seguir o exemplo de Podemos e crearan tantos grupos parlamentarios como as posibilidades do regulamento lles permitisen. Seguro que se alzarían voces  iracundas que falarían de perversión da democracia, espoliación dos recursos do Estado e outras perlas semellantes ao que xa nos teñen acostumados. 

En suma. Os primeiros pasos de Podemos son toda unha declaración de intencións: la pela es la pela, querer ser sen ser e, si todo sae mal... a culpa é do PSOE! Porque o PP xa deixou de ser o inimigo para acadar a condición de adversario político. Agora, o inimigo, é o PSOE para quen pretende representar a esquerda e que, nesa ambición, non dubida en dinamitar á propia esquerda. Véxase, se non, o feito con Izquierda Unida por parte  Pablo Iglesias Turrión.

E mentres tanto a Dereita española contenta e feliz.

Páxina 1 de 2