Máis Camariñas - Elementos filtrados por data: Decembro 2015

Onte desmontamos a manipulación a que nos ten acostumados o PP de Camariñas. Hoxe atopamos a resposta a unha realidade que tentaron agochar manipulando os datos electorais: mentres o alcalde de Camariñas está onde hai traballadores de Camariñas con problemas, o PP desprézaos e fai oidos xordos as súas xustas demandas.

Hoxe publica o Diariocamarinan unha noticia...? sorprendente e manipulada.  O artigo non ten desperdicio e debeu ser escrito por un fenómeno das matemáticas electorais xa que, dende o propio titular ate a captura de pantalla do Ministerio do Interior con resultados electorais seleccionados “a la carta”, todo é pura fantasía.

A Comisión Executiva Local, en nome de tódolos socialistas de Camariñas, quere amosar o seu agradecemento polo apoio recibido  polo PSdeG-PSOE no noso concello. Unha vez máis os camariñáns rexeitaron as políticas do PP , os recortes, as mentiras e a corrupción sistémica con.

BON NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!

17 Decembro 2015
Publicado en Casa do Pobo

A Comisión Executiva Local dos socialistas de Camariñas, como cada ano por estas datas, deséxalles  aos seus militantes e simpatizantes, e a tódolos camariñáns e a tódalas camariñanas, un moi feliz Nadal en compañía dos seus seres queridos. Esta felicitación queremos que sexa especialmente  cariñosa para os nosos veciños e veciñas que, en datas tan sinaladas, estarán lonxe de Camariñas e das súas familias. Para todos eles o noso recordo e o noso cariño.

Tamén queremos aproveitar a ocasión para amosar o noso agradecemento a todos e a todas polo apoio e a confianza que maioritariamente teñen manifestado, a través dos distintos procesos electorais, ao Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE. Gracias de corazón pola confianza reiterada en moitas ocasións.

Dende Camariñas. Para Camariña. Con Camariñas e con tódolos lugares do concello: Santa Mariña, Brañas Verdes, Lamastredo, Pescadoira, Brea, Xaviña, Dor, O Allo, Ponte do Porto, Camelle, Arou, Buría e Camariñas.  Con tódolos camariñáns, hoxe e sempre.

E, como dicían os nosos maiores, de hoxe nun ano... e que o vexamos!

FELIZ NADAL!!

O goberno presidido por Núñez Feijóo ven aplicando, desde o súa chegada ao poder en 2009, unha estratexia deseñada para desmantelar a Sanidade Pública e xerar espazos de negocio para as empresas privadas a expensas do diñeiro público. Nestes últimos anos o goberno galego aplicou unha severa redución dos orzamentos sanitarios e fixo recortes profundos na dotación de persoal e camas hospitalarias; paralizou o Plan de Mellora e desmantelou a Atención Primaria; aplicou medidas privatizadoras nos hospitais así como en moitas áreas sanitarias que pasaron a mans privadas; tamén teñen planeado implantar as Unidades de Xestión Clínica que poñerían a disposición das empresas a actividade asistencial, o núcleo duro da sanidade. A continuación faremos, en sete puntos, un repaso dos principais problemas que ten hoxe a Sanidade pública galega e que deben ser plantexados ante as próximas eleccións.


1.- Redución do orzamento sanitario público:
Representa o 30.4% do gasto público da CCAA. Baixaron o orzamento sanitario un 18.3% desde 2009, e un 10.2% respecto ao ano pasado. Galicia é a CCAA que fixo o recorte máis severo. A maior redución aplicárona en Atención Primaria (AP) cun 22.3%  menos respecto ao ano 2009. Respecto ao ano pasado a redución é de 25.3%. O recorte foi moito menor no nivel hospitalario (un 0.2% de recorte respecto a 2009, e un crecemento dun 2.9% respecto ao ano pasado).
Este diferencia deixa ben ás claras que o goberno de Núñez Feijóo aposta por potenciar o modelo hospitalocéntrico e o uso intensivo da alta tecnoloxía (Galicia xa é a CCAA que máis RMN realiza); esto beneficia ás multinacionais farmacéuticas e da tecnoloxía sanitaria, en detrimento das actividades de prevención e promoción da saúde que deben realizarse en AP (segundo as recomendacións da OMS).

2.- Recortes de persoal:

Esta partida representa o 34.5% do gasto sanitario, que ven ser un 24,5% inferior á media estatal; esto sitúa a Galicia no penúltimo lugar do Estado, só superada por Catalunya.
O ano pasado Galicia foi a CCAA que máis recortou no capítulo de persoal, un 30.67% fronte a unha media do 7.9% do Estado. Esta redución afecta aos traballadores sanitarios, con descensos brutais en prazas e salarios e aumento da precariedade laboral. A partida de persoal baixou un 21% desde 2009: pasou do 43.15% do total do gasto sanitario ao 34.5% neste ano.
En total Galicia perdeu 1.795 prazas na sanidade pública (1.154 en AP e 641 nos hospitais). Eliminaron 513 prazas de medicos: 392 en AP (69.2%) e 121  en hospitais (30.8%). Recortaron 184 prazas de enfermería hospitalaria e 1.121 prazas de persoal non sanitario: isto é consecuencia da cesión de servizos a empresas privadas que teñen persoal propio. Moitas tarefas realizadas por empregados públicos pasan agora a ser desenvolvidas polas empresas concesionarias (central de chamadas, loxística, mantemento, cociñas, etc).
Estas medidas de recorte tan extremas producen unha merma na calidade asistencial e mesmo representan un risco para os pacientes. Sabemos que o persoal sanitario non pode ser substituído por máquinas, e hai evidencias contundentes de que a redución de persoal de enfermería nos hospitais por debaixo de certo nivel asóciase a incrementos da mortalidade hospitalaria.

3.-Recorte en camas:

Entre 2010 e 2014 eliminaron 447 camas hospitalarias públicas en Galicia. Pasamos de 8.010 a 7.563, a pesar do elevado e progresivo incremento das listas de espera e da conxestión permanente dos servizos de urxencias.

4.- Suspensión do Plan de Mellora de AP:

No Plan de Mellora de AP impulsado polo goberno progresista (2005-2009) estaba prevista a construción de novos Centros de Saúde e a creación de prazas de persoal. Dos 66 centros previstos só se plantexa a construción de sete. Tamén deixaron de crear prazas de sanitarios: eso representa a perda de 193 prazas de Medicina de Familia e 385 de enfermería.

5.-O desmantelamento e a privatización do Sistema:

-Privatización de hospitais:
*Para a construción do novo hospital de Vigo (H. Álvaro Cunqueiro) utilizaron o modelo de Colaboración Público-Privada, o que representa un incremento no custe, que pasa de 450 a 1.400 millóns de euros, ao tempo que reduciron as camas operativas (de 1.230 a 850), recortaron os quirófanos nun 31.4%, as camas de UCI nun 25.5%, a superficie de Urxencias nun 55.5% e os servizos de Radioloxía nun 45%. A empresa concesionaria, coa complicidade do Sergas, recortou en servizos, consultas, superficies, equipamentos, calidade nos materiais, nos accesos e nas prazas de aparcadoiro (que deberán pagar tanto traballadores como usuarios). O hospital, desde a súa apresurada inauguración, acumula problemas e conflitos, que poñen en risco a calidade da atención, a actividade asistencial e mesmo a seguridade dos pacientes.

*A Xunta xa licitou, por terceira vez, a ampliación e xestión privada do hospital de Ourense (CHOU, que dirixe unha prima de Núñez Feijoo), e mellorou as condicións á empresa concesionaria –integrada por ACS, Indra e La Caixa-, en 41 millóns de euros. Tamén adxudicou a ampliación do hospital do Salnés á multinacional Cofely-Suez que, xunto con La Caixa, posúe o fondo de inversion “Hisusa holding”, que é propietario da aseguradora privada Adeslas.

-Renovación do concerto singular co hospital privado Povisa de Vigo, que presta atención a case 140.000 persoas da área (Península do Morrazo, Valmiñor e polígono de Coia en Vigo). Pola utilización de 403 camas neste hospital o Sergas paga un canon anual de 75 millóns de euros (despois da última renovación e mellora do concerto, asinado sendo conselleira Rocío Mosquera, quen foi alto cargo na empresa propietaria de Povisa).

-Privatización do Laboratorio Central de Galicia, que foi adxudicado a unha UTE integrada por Laboratorio Cerba, Laboratorio Lema e Bandín. Esta empresa realizará máis de 600 probas analíticas e xenéticas, a expensas do desenvolvemento dos laboratorios dos hospitais públicos (que poderán pechar progresivamente como en Vigo) e dos seus profesionais. Esta decisión pon a disposición dunha multinacional datos moi sensibles da poboación galega (como o VIH e outras doenzas).

-Continuidade da empresa de xestión privada Galaria S.A., co que incumpren o compromiso do Sergas de rescatar os servizos asistenciais como a Radioterapia, a Medicina Núclear/PET e a Resonancia Magnética (RMN) para integralos no novo hospital. O propio Consello de Contas ten denunciado o abuso de exploracións de TAC e RMN (a taxa de RMN supera nun 50% a media do resto do Estado).

-Privatización da alta tecnoloxía por media da figura do “socio tecnolóxico”. Esta modalidade de contratación permite que as mesmas empresas que fabrican os aparellos tecnolóxicos poidan controlar cales son os equipos que deben adquirir os hospitais, fixar o seu prezo e mesmo decidir onde se ubican. Esta entrega a mans privadas do control da tecnoloxía hospitalaria pode ter consecuencias severas para a sustentabilidade do Sistema (a tecnoloxía provoca un enorme incremento do gasto sanitario) e para a saúde da poboación (a xestión mercantilista destes medios provoca unha sobreutilización dos mesmos, con repercusión negativa polos efectos iatroxénicos). Este modelo de contratación xa levou a unha inversión de 88 millóns de euros na compra de novas RMN, cando bastaría con substituír os equipos actuais cambiandosó o software (moito máis barato).

-Privatización da investigación, por medio dos Institutos Biomédicos de Investigación dos hospitais públicos do Sergas. Estes Institutos acóllense ao modelo empresarial, son participados e coxestionados pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson&Johnson). Deste xeito as empresas privadas, ademais de conseguir beneficios económicos, controlan e dirixen a investigación, e teñen acceso a datos xenéticos e outras informacións sensibles sobre a saúde da poboación galega. O Sergas adxudicoulle fondos á Fundación Ramón Domínguez, para ampliar o laboratorio ubicado no CHUS, por un total de 1.2 millóns de euros. Esta fundación é de xestión privada e ten persoalidade xurídica propia (está integrada pola Fundación IDI-CHUS, Fido-Xeral Calde, a empresa farmacéutica Jhansen, a Fundación de Medicina Xenómica e a farmacéutica Biogen IDE).

6.-Externalización-privatización de recursos e servizos estratéxicos do Sergas a empresas multinacionais e fondos de inversión. Faremos un repaso telegráfico das distintas áreas de actividade que foron entregadas a mans privadas polo goberno de Núñez Feijóo, a maioría delas mediante concesións a longo prazo, o que dificultará o seu retorno a dominio público cando haxa un cambio de goberno.

-Servizo de ambulancias: foi adxudicado por 236 millóns de euros (a pagar en catro anos) á UTE Ambulevante, empresa valenciana á que Fabra (ex-presidente de Valencia) tamén lle entregou este negocio, e que está denunciada pola súa vinculación co PP.

-Historia clínica electronica (Ianus): concedida a Indra, empresa que foi privatizada por Aznar e Rato. Esto supón deixar en mans privadas todos os datos sanitarios da poboación galega.

-Telecomunicacións, cedidas a Telefónica (por 28 millóns de euros), empresa agora gobernada por La Caixa, BBVA e Bankia.

-A Plataforma Electrónica, cedida a Netaccede, fondo de capital risco creado en 2009, impulsada por ex-altos cargos da Xunta e Caixanova, e xestionada por un directivo que provén da auditora Deloitte.

-O teléfono de cita previa, tamén foi adxudicado a Netaccede.

-O servizo de suministro e loxística foi entregado, por 88 millóns de euros, á empresa Severiano Servicio Móvil (que o ano 2004 custodiaba as historias clínicas do CHOP nunha nave industrial sen licencia, e que arderon nun incendio por carecer de medidas de seguridade, quedando o hospital sen documentación clínica).

-O mantemento dos equipos sanitarios foi adxudicado á empresa zaragozana Ibérica de Mantenimiento SA.

-A xestion da limpeza e enerxía foi entregada ao Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria Martinsa-Fadesa, (quebrada en 2008, que foi unha das principais causas do desplome de Novagalicia Banco).

-O servizo de catering dos hospitais, adxudicado a Mediterránea-Arturo, propiedade do fondo de inversion Portobello (Banco de Santander, BBVA, CAM/Sabadell, Bankia) e de Arturo Fernández (vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia, acusado de defraudar á Facenda, de pagar aos traballadores en diñeiro negro e do uso das tarxetas black como conselleiro de Caja Madrid).

-Os servizos de protección radiolóxica foron cedidos a General Electric: dese xeito a mesma empresa que fabrica os equipos é a que realiza o control de calidade.

-A esterilización de instrumental medico e cirúrxico: o goberno de Núñez Feijóo ten prevista a súa adxudicación por un período de 12 anos e un custe de 160 millóns de euros. De levarse a cabo suporía, ademáis dun grave risco de incrementar as infeccións nosocomiais, unha severa redución de postos de traballo públicos pola desarticulación dos servizos existentes, que funcionan cun elevado nivel de calidade.

-Centro de Saúde móbiles, pendentes de adxudicar. De levarse a cabo suporía un chanzo máis na privatización e o desmantelamento da Atención Primaria.

-Teleasistencia domiciliaria: teñen contactos con R Comunicaciones (empresa inicialmente galega, hoxe vendida por NGB ao fnodo de inversión CVC-Capio).

-Tamén cederon ao sector privado as contratacións públicas do Sergas. Transferiron esta actividade á Plataforma Electrónica Vortal Connecting Bussines, constituída por grandes empresas tecnolóxicas e de xestión de recursos humanos, especializadas en dispositivos electrónicos para controlar a produtividade dos traballadores. Esta Plataforma está participada por Microsoft, Telefónica e Indra, que tamén xestionan a teleasistencia, a receita electrónica e a historia clínica electrónica. Esto supón que estas tarefas propias da función directiva, que deberían estar estritamente controladas polo Sergas e a Consellería, pasan a mans de empresas multinacionais e fondos de inversión (moitos deles radicados en paraísos fiscais). Deste xeito baleiran de contido ás actuais estruturas directivas e entregan a xestión estratéxica do Sistema sanitario público de Galicia a mans privadas.

7.- As Unidades de Xestión Clínica (UXC): o próximo paso cara a privatización do Sistema sanitario público. Dese xeito pretenden converter os Centros de Saúde e os Servizos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, presupostos propios e capacidade para beneficiarse dos aforros conseguidos en persoal, material ou actividade asistencial. Estas UXC poden abrir a porta ao mercado, á xestión privada e á laboralización do persoal. A empresa seleccionada pola Xunta para auditar a implantación das UXC é a axencia de calidade europea EFQM, que está presidida en España polo responsable de PwC (IBM), a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial.

Está claro, á vista do relatado, que o principal obxectivo do actual goberno da Xunta é desmantelar a Sanidade Pública galega. Esta privatización, realizada con presa e coa maior cautela, deixa unha severa hipoteca para o país e os gobernos futuros, que deberán asumir o compromiso coas empresas ás que lle adxudicaron concesións a longo prazo. Esta forma de actuar non é inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor. É necesario desaloxar ao PP do goberno da Xunta para deter esta demolición planificada dos servizos públicos.


Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP)

Como é ben fácil de comprender nesta páxina non somos precisamente seguidores nin admiradores de Mariano Rajoy. É evidente. Pero, como se ten atribuído a Voltaire, estamos en profundo desacordo con Mariano Rajoy e coas súas políticas pero defenderemos ate as últimas consecuencias o dereito que ten a defendelas.

Non se arranxan os problemas do país a sopapos por moi cabreados que esteamos. A D. Mariano, e as súas políticas, non se lle combate a hostias se non con votos. Votos contra catro anos de políticas inmisericordes cos máis débiles. Votos contra o abandono das políticas que protexen aos seres humanos. Votos contra a corrupción sistémica do partido que preside. Votos polo desprezo amosado polos que non poden seguir o ritmo dos máis fortes e quedan nos comedores sociais, nos desaucios, nos sectores produtivos que teñen que acampar diante da Xunta, e un longo etc. que non cabería neste artigo.

Pero o recurso a violencia é o recurso dos incapaces que aínda non descubriron que o exercicio do voto responsable é a arma mais poderosa que existe.  Cantas veces temos dito que as cousas non se cambian “rajando” na barra do bar?  Cantas veces temos dito, algúns, que fai moito mais un voto responsable e discreto que tódalas expresións teatrais de radicalismo e indignación?

Mariano Rajoy ten perfecto dereito a defender o seu programa, as súas políticas e a súa labor de goberno. Ten o mesmo dereito que nos temos a criticarllo e a tentar acabar con el o próximo domingo acadando mais votos e mais apoios porque solo así acabaremos con Rajoy e coas súas políticas. O camiño da agresión é a perversión do sistema democrático e quen non o entenda así ten un problema moi serio que pode ser altamente contaxioso.

Os socialistas de Camariñas pedimos o voto para acabar coas políticas de Rajoy e do Partido Popular, non para agredir a un cidadán que defende as súas ideas e o seu proxecto, por moito que nos desgusten tanto o cidadán como o proxecto.

A Mostra anuncia a selección de participantes no concurso de xóvenes deseñadores. Na nota de prensa feita pública, a organización agradece a tódolos deseñadores/as participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano animan aos seus alumnos/as a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar especialmente ós seguintes centros: Academia Isolina, Academia Susa Suárez, , Academia María Lariño, CAEA Liceo “La Paz”, Centro Superior de Diseño y Moda de la Politécnica de Madrid, EPYCO de Oviedo, Escuela Superior de Deseño e Moda de Galicia, Escuela EASD Mestre Mateo, Goymar Coruña, Goymar Vigo, Instituto Manuel Antonio, IES la Garrotxa , IES Sivera Font, LCI – FD Moda Barcelona e M-Class Moda de Vitoria.

Este domingo os socialistas de Camariñas volveron a encher a Casa de Pedra nun mitin espectacular onde destacou Pepe Blanco que reivindicou as políticas levadas a cabo polos gobernos socialistas en España facendo un repaso polos principais fitos que cambiaron a  vida do país e dos españois: sanidade universal e gratuíta para todos, ensinanza universal e política de becas que permitiu unha auténtica igualdade de oportunidades independentemente do nivel de renda, a Lei de Dependencia, a Lei de Igualdade ou a Lei de Protección  Contra a Violencia de Xénero, e un longo etc. que cambiaron a sociedade española e convertérona nunha das mais abertas e progresistas do mundo.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dispón dunha unidade de resonancia móbil que periodicamente trasládase aos pequenos hospitais comarcais para prestar servizo.  Cando un paciente que acode ao hospital Virxe da Xunqueira e o seu médico solicita unha resonancia entra nunha lista de espera e é chamado cando a unidade se presenta en Cee.

Os socialistas de Camariñas fan participacións de lotería para o sorteo de Nadal que son distribuídas por militantes e simpatizantes entre todas aquelas persoas que boamente queiran contribuír e axudar a manter os modestos medios con que contamos: aluguer da Casa do Pobo, recibos da luz e da auga, consumibles de administración, etc.

Páxina 1 de 2