Máis Camariñas - Elementos filtrados por data: Outubro 2015

Soneira lamenta que o PP impida sen embargo establecer “criterios obxectivos e medibles” para a achega de recursos por parte da Xunta

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 15. A Comisión Institucional do Parlamento de Galicia aprobou hoxe de forma parcial unha iniciativa socialista presentada por Marisol Soneira para que a Xunta garanta o incremento progresivo dos fondos incondicionados dos concellos, deseñando ademais mecanismos de financiamento para que se poidan achegar á media estatal de gasto por habitante.

A proposta aprobada inclúe coordinar co resto das administracións “os programas, plans, convenios ou calquera outra fórmula de achegas económicas aos concellos” para dotalos de recursos suficientes “para abordar infraestruturas ou servizos esenciais para o aumento da calidade de vida da veciñanza”.

A deputada socialista lamentou sen embargo que o PP vetara as propostas tamén incluídas na iniciativa orixinal para establecer “criterios obxectivos e medibles” para a achega dos recursos aos concellos por parte da Xunta. Tamén se negaron a incluír nos orzamentos anuais “partidas individualizadas e concretas” que permitan aos concellos coñecer os recursos de que disporán.

Soneira advertiu da posición dos concellos galegos, “ao final do ránking” no gasto por habitante de todo o Estado, uns datos “absolutamente dramáticos” tendo en conta as súas particularidades, coa poboación envellecida e máis problemas de comunicación que provocan unha demanda de servizos moito maior.

Actualmente a súa poboación ten que soportar, dixo, “menos servizos, menos atención aos cidadáns e menos infraestruturas” e unha política de distribución de fondos públicos “en función da súa cor política” polas prácticas do goberno galego.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento insta á Xunta de Galicia:

1) Deseñar mecanismos de financiamento dos concellos da Comunidade Autónoma que, de xeito transparente, obxectivo, suficiente e non condicionado, permitan aos concellos galegos achegarse ás medias do resto dos concellos españois nos gastos por habitante, incluíndo un aumento progresivo dos denominados fondos incondicionados.

2) Coordinar co resto de administracións, os programas, plans, convenios ou calquera outra fórmula de achegas económicas aos concellos, coa finalidade de dotar aos mesmos de recursos suficientes para abordar infraestruturas ou servizos esenciais, para o aumento da calidade de vida da veciñanza”.

O próximo 10 de novembro cúmprese o 125 aniversario dunha das maiores traxedias marítimas da Costa da Morte: o afundimento do HMS SERPENT na Punta do Boi.

O Concello quere lembrar dun xeito especial esta efemérides por canto tivo unha pegada moi profunda na conciencia colectiva da sociedade daquel momento e dou como consecuencia a dotación desta costa dun dos faros mais potentes, dos existentes ate aquel momento, do mundo: o noso vello e querido faro Vilán. A traxedia do Serpent foi determinante para millorar as condicións de navegabilidade das augas da Costa da Morte.

Os actos desenvolveranse no lugar do drama, o Cemiterio dos Ingleses, e a programación, segundo nos adiantan do Concello, será a seguinte:
21:00 Representación teatral "Noche de los naufragios".
22:00 Discurso de homenaje por parte de:
José Manuel Pato González (Delegado en Galicia de la Real Liga Naval Española),
Juan Campos Calvo Sotelo (Escritor de Náufragos de antaño y miembro de la RLNE)
Xosé María Lema (historiador do Seminario de Estudos Comarcais)
Sr.  Paul Lemkes (Agregado de Defensa da Embaixada  Británica)
Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde do Concello de Camariñas).
22:15 Actuación musical dol "Coro municipal de Mulleres de Camariñas".

Cabe destacar a presencia do Sr. Paul Lemkes, agregado de Defensa da Embaixada Británica en España, o que demostra o interese que as autoridades británicas dan a este evento.

Os actos continuarán durante toda a semana con proxeccións no Faro Vilánd o documental "Faros da Costa da Morte" (2010), dirixido e narrado por Manuel Vilar, de 16 minutos de dirección e subtitulado en castelán. Neste documental, con preciosas imaxes aéreas, dedícanse moitos minutos ó faro Vilán e mesmo se fai unha demostración gráfica de como se produciría ese foco luminoso por medio dun arco eléctrico entre dous carbóns, e outros documentais relacionados coa Costa da Morte, Vilán e os naufraxios.

O sábado 14 volverá a ser protagonista o Cemiterio dos Ingleses co seguinte programación:

 21:00 Benvida ás autoridades.
21:15 Actuación teatral "Noite dos naufraxios".
22:00 Discurso de homenaxe.
22:15 Disparo de 21 salvas.
22:30 Actuación musical.

 

Marisol Soneira advirte que “ningunha das empresas concesionarias” atende ás súas obrigas sobre horarios e liñas de transporte
 
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 15. A deputada socialista Marisol Soneira esixiulle hoxe ao goberno galego que se dirixa ás empresas concesionarias das liñas de transporte da Costa da Morte e “faga cumprir as condicións ou retiren a concesión e saquen outro concurso”. Soneira levou ao Pleno do Parlamento unha pregunta oral diante do “clamor social” polo incumprimento xeneralizado no transporte por estrada da comarca.
 
Advertiu que malia os 11 expedientes abertos ás empresas, hoxe “non hai unha soa das liñas da Costa da Morte” que cumpra cos horarios e os itinerarios comprometidos, e lembroulle ao goberno galego que “son vostedes os que teñen que garantir a aplicación das condicións de adxudicación”. As empresas, dixo, “seguen sen facer caso dos expedientes e vacilan aos cidadáns, aos alcaldes e a vostede mesma”, espetoulle á conselleira de Territorio.
 
A deputada da Costa da Morte sinalou que o transporte público da comarca é “un auténtico desastre” con concellos que carecen de conexión coa capital galega ou coa cidade de A Coruña, e que están “a horas de trasladarse ao Hospital ou a centros educativos ou administrativos con transporte público dentro da propia comarca”.
 
Soneira lembra que o problema veuse agravado logo da derivación da concesión da empresa Arriva en beneficio de outras tres empresas que “non se poñen de acordo e non coordinan os horarios”. A situación xerada, engadiu, é “un clamor social” que ten transcendido aos plenos de tódalas corporacións locais e mesmo ten sido trasladado ña propia conselleira.
 
A parlamentaria socialista denunciou que “vivir na Costa da Morte non ten por qué resultar un castigo adicional” e alertou que esta situación provoca de facto un “grave problema de discriminación por residencia e status social especialmente ás persoas sen recursos e mais dependentes”.
 

O Concello de Camariñas convoca a II edición do Concurso de Carteis que ten como obxectivo premiar ao mellor traballo para a difusión e coñecemento da XXVI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, certame comercial e cultural de ámbito internacional, que se celebra sempre en Semana Santa, esta edición coincide desde o 23 ao 27 de marzo de 2016.
O cartel gañador non só cumprirá a función como tal, senón que servirá de base da imaxe de toda a campaña da Mostra do Encaixe, polo que se valorará a súa facilidade de aplicación para soporte en papelería, diplomas, prensa, banners, etc
A convocatoria e as súas bases publicaranse na páxina web do Concello de Camariñas: www.camarinas.net. e tamén se anunciará a través dos medios de comunicación.

1.Participantes

Poderán participar no concurso tódalas persoas que estean interesadas, individualmente ou en equipo. As obras presentadas, hasta un máximo de dúas por autor, deberán ser inéditas e que non supoñan, en todo ou en parte, copia o plaxio de escenas fotográficas, carteis ou debuxos xa publicados en calquera das súas formas, e que no foran premiados con anterioridade en ningún outro concurso. Será responsabilidade absoluta dos autores do cartel calquera reclamación que poida producirse en relación coa autoría do cartel e o seu posible plaxio.

2. Características Técnicas

2.1 Tema:
O asunto das obras deberá ter en conta o obxecto da mesma: XXVI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas.
Os participantes gozarán de completa liberdade para escoller o tema, aínda que sempre será representativo e relacionado có obxecto da mesma. Debe suxeitarse en sensibilidade e técnica ao que é propio do cartel e contar con una clara finalidade divulgadora.

2.2 Presentación:
Os carteis serán de concepción e técnicas libres, sempre que  o seu formato sexa vertical e un tamaño de 50 x 70 cm
A presentación para o concurso será en DIN A 3 coa mesma calidade có orixinal.
Os autores deberán acompañar a súa presentación en soporte informático gravado en CD incluíndo:
• Imaxe dixital: formato PSD a 300 ppp tamaño 1/1 y en cuatricomia.
• Imaxe vectorial: Archivo de programa de deseño vectorial: EPS o AI.
 
Estes arquivos deberán estar por duplicado, un coas fontes tipográficas e outro cos textos trazados. Incluiranse todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos, incluíndo as fontes utilizadas e, si fora o caso, os orixinais das imaxes dixitalizadas no formato tiff ou outros.
O autor será responsable da correcta realización dos arquivos informáticos aportados. En ningún caso se admitirá o escaneado o uso de fotografías e imaxes doutros autores.
O cartel debería estar conservado en psd, fh, etc. e dicir, en capas para que en caso necesario se poida facer algunha modificación (incluír logos, cambiar fechas…).  Achegarase unha ficha indicando o entorno informático (PC obrigatorio), e o programa utilizado.

2.3 Contidos básicos
Os carteis conterán texto/información obrigatoria:
O nome: XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
Fecha: do 23 ó 27 de marzo
A páxina web: www.camarinas.net
Os logos das entidades colaboradoras

Na parte traseira dos traballos figurará un pseudónimo que servirá para preservar a identidade do autor ata o fallo do xurado.


3. Premio

Premio de 300 € para o cartel gañador.
Os finalistas terán un diploma por participar.

4.Presentación

O prazo de presentación finalizará o día 17 de novembro de 2015.
Os traballos enviaranse debidamente embalados ou  presentaranse en:

Concello de Camariñas
Mostra do Encaixe
Praza da Insuela s/n
15123 Camariñas

Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 38. 4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para preservar a identidade do autor ata o fallo do Xurado, na parte posterior da obra figurará un pseudónimo, achegando un sobre cerrado onde aparecerá: “ Concurso de Carteis XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas” e o seudónimo da obra.
O soporte informático  enviaráse aparte de dito sobre pechado, facendo constar o seudonimo no mesmo. No interior de dito sobre, incluirase o nome e apelidos do autor, currículum vitae, domicilio, teléfono de contacto y dirección de e-mail, así como una declaración xurada indicando que o traballo é orixinal e inédito.


5.- Xurado

A selección e concesión dos premios do Concurso, realizarase a proposta dun xurado nomeado ao efecto. O xurado, para formular as súas propostas valorará, ademais da concepción, a calidade
gráfica, a súa eficacia anunciadora ou informativa e as  súas condiciones de reprodución.
Dito xurado seleccionará aos finalistas que logo pasarán a seguinte fase de xurado popular.
Os carteis finalistas previa elección polo xurado, expoñeranse na páxina web o redes socias do Concello de Camariñas, para a elección definitiva por un xurado popular mediante voto. Esta votación estará aberta desde o martes, día 24  ata o luns, día 30 de novembro ás 10:00 H.
O Xurado poderá declarar deserto o concurso por considerar que ningún traballo presentado reúne os méritos suficientes para ser finalistas.
A decisión do Xurado será inapelable.
O resultado do concurso será comunicado persoalmente ao gañador e publicarase na web.


6.- Dereitos

O adxudicatario cede en exclusiva ó Concello tódolos dereitos de uso e explotación por tempo indefinido dos deseños realizados.

O Concello de Camariñas queda excluído das taxas da Sociedade Xeral de Autores, as cales serán a cargo do adxudicatario.

O Concello terá potestade para introducir aqueles cambios que se consideren oportunos para optimizar os recursos destinados a esta acción publicitaria.
Queda implícito na participación desta convocatoria a aceptación do contido das bases. Calquera dúbida sobre a súa interpretación, ou calquera modificación desta, será resolta polo comité organizador da Mostra do Encaixe.

O Concello de Camariñas organiza unha campaña de dinamizacion do mercado municipal e da rede de comercio para o dia 31 de outubro.

Vanse repartir bolsas reutilizables gratis e castañas asadas tanto no mercado como nos comercios da rede.

Durante a próxima semana os comercios entregaran aos clientes un "vale" para que o poidan canxear por un cucurucho de castañas o dia 31 no mercado no horario de 10:00 a 14:00 H.

Ademais realizaranse durante este mes asesoramentos individualizados de marketing a comercios e placeiras, asi como formación para incrementar as ventas e mellorar os servicios e trato ao cliente.

E como dí un camariñan: comprando en Camariñas, fajo majas!!!.

O Concello de Camariñas organiza unha campaña de dinamizacion do mercado municipal e da rede de comercio para o dia 31 de outubro.

Vanse repartir bolsas reutilizables gratis e castañas asadas tanto no mercado como nos comercios da rede.

Durante a próxima semana os comercios entregaran aos clientes un "vale" para que o poidan canxear por un cucurucho de castañas o dia 31 no mercado no horario de 10:00 a 14:00 H.

Ademais realizaranse durante este mes asesoramentos individualizados de marketing a comercios e placeiras, asi como formación para incrementar as ventas e mellorar os servicios e trato ao cliente.

E como dí un camariñan: comprando en Camariñas, fajo majas!!!.

UN DOMINGO DE TERROR EN CAMARIÑAS

26 Outubro 2015
Publicado en Xuventude

E ste domingo o Concello de Camariñas organiza a festa do Samaín para tódolos nenos e nenas que queiran darse un bo susto. Será na Casa de Pedra a partir das 5 da tarde comezá un obradoiro de pantasmas e outro de postres terroríficos. Haberá  un túnel do terror con pases cada 15 minutos a partir das 18:00. Asegúrase terror así que os menores de 12 anos terán que vir acompañados dun adulto. E para rematar,  ás 8 da tarde,  a Santa Compaña percorrerá as rúas de Camariñas. Vai ser un domingo terrorífico!

EDUCACIÓN EN VALORES

26 Outubro 2015
Publicado en Servizos Sociais

Concello de Camariñas a través da Concellería de Servizos sociais, Igualdade e Promoción do encaixe, segue a traballar a favor da educación en valores e a igualdade de xénero . Dende finais deste mes e ao longo do que queda de ano, vanse desenvolver un bo numero de actividades. Empezarase co alumnado dos centros escolares, levando acabo distintos obradoiros e concursos.

Na Casa do Pobo da Agrupación Socialista de Camariñas déronse cita  máis de setenta cargos públicos do Partido Socialista da Costa da Morte para escoitar ao eurodiputado, e exministro, José Blanco quen trasladou aos asistentes as posibilidades que a Unión Europea ofrece ás entidades locales.

Unha nova e orixinal campaña para animar a comprar no comercio local de Camariñas cun slogan moi camariñán: Fajo Majas. A concelleira María José Gerpe, a través desta campaña, pretende animar aos consumidores de Camariñas a facer as súas compras nos comercios locais. Sen dúbida unha aposta pola dinamización da economía local que, ademais, ten premio para o consumidor.

Páxina 1 de 4