Este domingo votamos nas primarias do PSdeG-PSOE en Camariñas

Estimado compañeiro, estimada compañeira, o próximo día 8 de outubro, domingo, celébrase no PSdG-PSOE eleccións primarias para elixir Secretario Xeral. O centro de votación da Agrupación Socialista de Camariñas é a nosa Casa do pobo e o horario será de 12 da mañá a 20:00 horas. Aproveito para convocarte a Asemblea Extraordinaria, o xoves 11 de outubro ás 20.00 horas coa seguinte orde do día:

  Casa do Pobo   133    Read more...
Descurso de Encarna Liñeiro no mitin do PSdeG-PSOE na Casa de Pedra

Gracias a todos e a todas por vir. Gracias polas túas palabras Pichurri, se lle poñes o mesmo empeño o tan necesario Centro de día como fixeches co tanatorio… ¡Está asegurado! Hoxe sintome distinta, un pouco nerviosa… emocionada. Como Secretaria Xeral sempre subo aquí a presentar os actos… Falo da gran familia que somos…. Presumo dos grandes compañeiros e compañeiras que formamos a Agrupación Socialista de Camariñas…. Agrupación que é un referente do socialismo en toda Galicia…. Agrupación da que me sinto tremendamente orgullosa…. Pero hoxe e distinto…. Falo por primeira vez coma candidata.

  Casa do Pobo   1616    Read more...
Grandísimo mitin do PSdeG-PSOE na Casa de Pedra de Camariñas

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O TAN ESPERADO CAMBIO NA POLITICA GALEGA. Coa intervención de Juan Carlos Canosa, Coordinador comarcal da Costa Atlántica dou comezo o acto no que interviron o noso alcalde Pichurri e Marisol Soneira Vice-Presidenta segunda da mesa do Parlamento de Galicia. Logo chegaría o turno do descurso dunha emocionadísima Encarna Liñeiro que resaltou todo o que está por vir co cambio que quere protagonizar o PSdeG na Xunta de Galicia. Finalmente foi o turno do noso candidato, Xoaquin Fernandez Leiceaga que falou intensamente das respostas novas que dende o PSdeG queremos para todos os galegos e…

  Casa do Pobo   1603    Read more...
Mitin do PSdeG-PSOE en Camariñas con Xaquín F. Leiceaga, candidato á presidencia da Xunta de Galicia

Hoxe na Casa de Pedra de Camariñas non se celebrará tan só un mitin. Hoxe é o comenzo do cambio. O comenzo para as respostas novas que queremos para Camariñas e Galicia. Respostas novas para os nosos mariñeiros. Respostas novas para a Sanidade. Respostas novas para a Educación dos nosos fillos e fillas. Hoxe estades todos invitados a partir das 6 e media da tarde na Casa de Pedra para escoitar ao noso querido veciño de Camelle Juan Carlos Canosa Marcote, coordinador Comarcal do PSdeG da Costa da Morte, Marisol Soneira, Vice-presidenta Segunda da mesa do Parlamento de Galicia, Pichurri,…

  Casa do Pobo   1599    Read more...
Finou Don Jesús Ramos Fuentes, ex-alcalde de Camariñas

Don Jesús Ramos Fuentes, o que fora o primeiro alcalde de Camariñas en democracia, finou o luns 22 de agosto do 2016. Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Camariñas queremos dar o noso pésame a toda a familia deste camariñán que tivo o honor de ser o primeiro rexidor do executivo municipal do noso concello aínda que tamén será recordado por moitos de nos pola súa etapa como profesor da escola da Ponte do Porto. Todo aquel que desexe estar coa súa familia nestes duros momentos pode acudir ó Tanatorio da Ponte do Porto onde está sendo velado o…

  Casa do Pobo   1915
Camariñas inicia o programa “Xantar na Casa”

O Concello de Camariñas iniciou hoxe o programa “Xantar na Casa”, despois de firmar o recente convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. O novo servizo comeza con dez usuarios, aínda que se prevé o seu incremento durante os vindeiros meses. De momento os usuarios pertencen ao casco urbano de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Santa Mariña. Os beneficiarios pagan dous euros cada día pola comida e o resto do importe é subvencionado polo Concello e o Consorcio Galego.

  Servizos Sociais   1197    Read more...